Neste mes da ciencia en galego temos na Biblioxún unha chea de actividades:
- BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA nos nosos estantes:
- A Asociación Micolóxica Brincabois levou á rapazada a buscar cogomelos!!! Mirade que marabilla!! Esta actividade está organizada polo Equipo de Normalización Lingüística do Galego (dirixido polo profesor Reboredo, que xa sabedes que colabora coa biblioteca):
- Alumnado de 3º de PMAR, axudado pola profesora Clara (Ámbito científico), expuxo na Terraza da Biblioxún carteles sobre "MULLERES NA CIENCIA GALEGA":
- En Física, alumnado de 3º da ESO, guiado poca profesora Raquel, tamén levou a cabo uns vídeos sobre o MÉTODO CIENTÍFICO moi interesantes! Nesta semana decidiron compartilos con todos nós!