04 novembro 2021

CONCURSO DO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER: "Somos o berro das que non teñen voz"

Esta é a nosa pequena homenaxe a todas esas mulleres que sufriron e sofren maltrato por razón de xénero:

CONCURSO DE MICRORRELATOS 

organizado pola BIBLIOTECA DA XUNQUEIRA I

que este ano leva por título...

"SOMOS O BERRO DAS QUE NON TEÑEN VOZ"

https://violenciagenero.igualdad.gob.es/informacionUtil/comoDetectarla/primerosSignos/home.htm 

BASES DO CONCURSO:
  • Categoría: Microrrelato.
  • Tema: Que teña que ver co título deste ano do concurso, "Somos o berro das que non teñen voz".
O obxectivo dos relatos é poder visibilizar o que fai a sociedade de positivo para non permitir a violencia de xénero; o que fas ti persoalmente, ou o centro de estudo, ou o goberno... o que fai a sociedade en xeral. 

Hai que demostrar que as mulleres non están soas nesta loita contra a violencia. 

Se estas mulleres están caladas por medo a morrer, por medo a que maltraten aos seus fillos e fillas, por medo a que non lles crean ou por medo ao que dirán, aquí estamos nós para berrar por elas e axudalas de todas as maneiras posibles. Demóstrao a través dun microrrelato...
  • Participantes: Pode participar todo o alumnado do IES A Xunqueira I. 
  • Requisitos
    • A extensión dos microrrelatos non pode superar as cen palabras. 
    • A lingua que se pode empregar pode ser castelán, galego, inglés ou francés. 
    • O microrrelato deberá ser orixinal.
    • Cada participante deberá presentar un só relato.
    • As obras deberán ser enviadas á seguinte dirección de correo electrónico: biblioteca@iesxunqueira1.com 
      • Débese engadir un arquivo adxunto á mensaxe. 
      • Debe indicarse o nome, apelidos e curso no archivo adxunto. 
  • Prazo de entrega: Ata o 22 de novembro, incluido. 
  • Xurado: Serán os membros do equipo de biblioteca. 
    • Os participantes premiados serán notificados pertinentemente a través dun cartel no corredor ou por aviso directo na clase. 
  • Premios: Levarán premio os tres mellores microrrelatos, que poderán ser lidos na biblioteca o mesmo día da entrega, coa finalidade de conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. 
    • Diploma acreditativo do premio.
    • Agasallo sorpresa. 

_________

Engadimos aquí o enlace posterior no que aparecen todas as actividades que conmemoraron este día do 25N, para que non se perda a referencia, incluido a resolución deste concurso: https://biblioxun.blogspot.com/2021/11/dia-internacional-para-eliminacion-da.html