Fondo de pantalla para o CROMA que empregaremos na actividade |
Texto introductorio elaborado pola responsable da biblioteca:
O día 23 de abril é unha data mo sinalada para escritores, editoriais e amantes da lectura: celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, una xornada moi especial para fomentar e reivindicar a lectura, protexer os dereitos dos autores e autoras e visibilizar a industria editorial.
Escolléuse este día porque o 23 de abril de 1616 morreron, ou eso din, os escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
O que seguro que algún de vós non sabiades é que o primeiro Día Internacional do Libro celebrouse o 7 de outubro de 1926, e a idea foi do escritor catalán Vicente Clavel Andrés, para conmemorar o nacemento de Cervantes. Propúxose, entón, a chamada Festa do Libro Español.
Pero en 1930 decidíuse mover a celebración para a data actual do 23 de abril, que acabaría coincidindo co Sant Jordi, patrón de Cataluña, Aragón e Inglaterra.
A UNESCO, por outra banda, aprobou celebrar este día desde 1995 para apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento, así como para mostar a súa defensa do libro e dos dereitos de autor. Ademais, anualmente elíxese unha capital mundial do libro e organízase alí un completo programa de actividades e proxectos. Este ano é Accre, pobo de Ghana, África.
Hoxe, na biblioteca do noso centro celebraremos o Día Internacional do Libro, primeiro a través da lectura de fragmentos que reivindican a importancia e a necesidade de ler, e segundo a través das recomendacións que profesorado e alumnado nos queiran facer. Grazas a todos!
FELIZ DÍA DO LIBRO 2023!
- Lista en KOHA das novidades coa temática dos LIBROS E DAS BIBLIOTECAS:
- Vídeo en Instagram onde se mostran os novos libros aos que nos referiamos arriba: