11 decembro 2023

A LAS OLVIDADAS

Desde o Departamento de Lingua castelá e Literatura, e grazas á profesora Cristina Corral, participouse nun interesante proxecto que promove unha ONG, Teta e teta, que suxire enviar un pequeno paquete con libros, neste caso pertencentes aos fondos da Biblioxún, á súa central de Madrid para que sexan doados ás bibliotecas dos cárceres de mulleres de España. Estes libros teñen que conter obrigatoriamente unha dedicatoria, que aproxime as nosas boas intencións e as nosas ganas de compartir o desfrute da lectura con todas elas. 

Contribuimos entre todos a visibilizar a estas mulleres e a comprender que tamén elas teñen ganas de acceder ao coñecemento e o desfrute que proporciona a lectura.

Encantounos a idea e así o fixemos!