28 novembro 2018

REVISTAS LITERARIAS DE LITERATURA XUVENIL

REVISTAS LITERARIAS, PERIÓDICOS, ESPAZOS ONDE ESCRIBIR...

TODO PARA XOVES COMA TI, INTERESADOS NA LITERATURA E NA TÚA FORMACIÓN GLOBAL!

Revista literaria online difundida pola fundación Jordi Sierra i Fabra, de periodicidad trimestral, e coa intención de dar cabida a xoves que deseen ser escritores e queiran enviar relatos e poemas para que se publiquen nela.

En cada número, dous autores de ambos lados do Atlántico contarán como traballan, como crean as súas historias. E tamén en cada número aparecerá un debutante-estrela que creará a páxina da portada e contará como vive o seu oficio. 




Revista online argentina que aborda mensualmente contenidos de literatura juvenil a través de reseñas, entrevistas, reportajes, curiosidades, etc.


Periódico que recolle novas de interese para todos os xoves. Asociación de Prensa Juvenil.




Web do Ministerio de Cultura que contén un apartado para estudantes, con recursos, novas, xogos, etc. relacionados coa lectura.




BLOC. Revista internacional de arte e literatura: https://issuu.com/revistabloc

Arte e literatura infantil. Bloc, tristemente desaparecida hace un año aproximadamente, ten colgados os seus números publicados (do 0 ao 6) no portal ISSUU para poder lelos online e descargar en pdf de maneira gratuita.




Fundación Cuatrogatos é unha organización sen fins de lucro para traballar a favor da cultura e a educación, con énfasis nos nenos e nos xoves. Promove a publicación, o coñecemento e a lectura de libros de calidade publicados en español. Traballa para acercar á comunidade hispanofalante de Miami e doutras cidades de EEUU.



Cuaderno de notas e comentarios de literatura infantil e xuvenil.



Revista de literatura infantil e xuvenil editada en Cantabria que aspira a ofrecer a mellor información posible en torno ao libro para nenos e xóvenes, e a animación á lectura a todos os interesados. A revista custa 8 euros, é trimestral e hai números antigos en cervantesvirtual.com.



Edítanse dous número ao ano.

CONVOCATORIA ALUMNADO COLABORADOR DA BIBLIOTECA


Quizais algo tarde, pero hoxe facemos oficial a lista de ALUMNADO COLABORADOR DA BIBLIOTECA.

27 novembro 2018

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 NOVEMBRO). 9ª PARTE.


Desde o DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN tamén se quere facer unha aportación ao día contra a violencia de xénero, a través de dúas conferencias sobre o tema para o alumnado de 1º da ESO.

Estas conferencias están organizadas pola Deputación de Pontevedra e as relatoras son todas elas psicólogas.

As datas de celebración son martes 27 de novembro, para 1º B e C, e  mércores 28, para 1º A. 

Nas fotos non se aprecia, pero a participación do alumnado foi excelente, colaborando con preguntas e respostas sobre a violencia moi interesantes, das que alumnado e profesorado aprendeu de seguro...

Noraboa pola iniciativa!

1º día


1º día

2º día

2º día

23 novembro 2018

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 NOVEMBRO). 8ª PARTE.

Un concurso: o de relato curto e debuxo, que convocaba a Subdelegación de Goberno de Pontevedra, co gaio do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Dúas premiadas do noso centro: Lucía Pereira e Antía Besada, de 2º de Bacharelato;  2º e 3er premio na modalidade de Debuxo.

Unha entrega de premios: o 23 de novembro na sede Afundación de Pontevedra.

Actuación estelar: o Coro do IES A Xunqueira I.

ORGULLOSOS, ORGULLOSAS...

Tedes máis información neste enlace de Pontevedra Viva:

Aquí redes os debuxos gañadores:

"Llama", de Lucía Pereira Moldes (2º Bacharelato).
2º premio, categoría 2 de Debuxo.

"Víctima 45", de Antía Besada Míguez (2º Bacharelato)
3er premio, categoría 2 de Debuxo.
Aquí vos van dous vídeos do acto do 23 de novembro:





DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 NOVEMBRO). 7ª PARTE


Hoxe pola máña a biblioteca apareceu así... 

Son os nomes das 44 mulleres que nos deixaron este ano por causa da violencia de xénero. 

Hoxe, ao velo, puxémonos todos un pouquiño máis tristes, pero tamén comprobamos, despois desta semana lembrando ás mulleres que sofren e sufriron, que a sociedade ten que facer algo máis para que esta lacra da violencia se acabe por fin.

Non é doado o obxectivo, pero podemos dar moitos pasos para mellorar a situación. 

A EDUCACIÓN de rapaces e rapazas, nos centros educativos e no ámbito familiar, é unha boa maneira de comezar a facer algo POR ELAS.

Debemos agradecer ao profesor Luis, do DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA e colaborador importante do equipo da biblioteca, a idea de lembrar a estas mulleres desta maneira tan fermosa e conmovedora. 















E dende o mesmo DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA, o de DEBUXO e a colaboración de MOITÍSIMOS ALUMNOS E ALUMNAS DO NOSO CENTRO, aí vai un fermosísimo vídeo conmemorativo do día:

GOZADE DEL E DA SÚA MENSAXE!




Por outra banda, entregamos os premios aos gañadores do I CONCURSO DE MICRORRELATOS, dentro da temática da violencia de xénero.



E os gañadores soooooon:

¡¡NOEL CAMPO e
ELENA COUSIDO!!!

Julia dicindo cousas boas do alumnado participante e gañador.


Entrega de premios, moi merecidos!


Os flamantes gañadores: Noel e Elena. Noraboa!





Os relatos gañadores foron os seguintes:

Un golpe en el trabajo, esa era la mejor y a la vez la más estúpida excusa que se te pudo ocurrir, fui tan ingenuo y tan crédulo que ahora, por sorpresa, lamento tu pérdida.
Noel Campo Solla 3ºESO B

No sé qué hacer. A penas tengo 6 años, pero me quiero ir de casa. Tengo mucho miedo. Mi casa se describe en cervezas de mi padre tiradas por todas partes, gritos y golpes, lamentos de mi madre... Y yo con mi perrita Billie, intentando dormir, o simplemente desconectar.
Elena Cousido González. 2°ESO A-B

A biblioteca chea, outro día máis!





22 novembro 2018

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 DE NOVEMBRO). 6ª PARTE.

Desde o DEPARTAMENTO DE GALEGO, e organizado pola profesora Mar Rúa, hoxe tivemos unha nova lectura na Biblioteca

A lectura foi dun conto de Arantza Portabales, "Burocracia".

Os rapaces traduciron o conto ao galego e quedou unha lectura moi xeitosa e moi apropiada para o día: A Celeste compreina nun mercado.

Lede o conto que aparece máis abaixo e reflexionade sobre o que di.... 






DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 DE NOVEMBRO). 5ª PARTE.



Desde o DEPARTAMENTO DE DEBUXO, e organizado pola profesora Ana Fuertes, están expostos, no panel de corcho do corredor da entrada ao instituto, as imaxes pertencentes á intervención "Mujeres Peligrosas", en relación á visibilización da muller en papeis dignificadores como a lectura, en ámbitos distintos e en diferentes épocas a través de cadros e fotografías. 

Intervíu alumnado de 1º de Bacharelato artístico

Mirade que bonito!