Un recunchiño da biblioteca para o DÍA DA ILUSTRACIÓN, este ano adicado a LOLITA DÍAZ VALIÑO (A Coruña, 1905-1963):
Se queres buscar unha obra nesta biblioteca, se prefires a lectura dixital, se aceptas unha "bibliosuxestión" lectora ou che apetece ver as fotos das actividades e concursos que se fan aquí... BUSCA NO MENÚ DA ESQUERDA. A Biblioxún pertence á rede de Bibliotecas Escolares de Galicia desde o curso 2018-19. TEMA EIXO deste curso 2024-25: "UN MUNDO DE ÁRBORES"
30 xaneiro 2021
27 xaneiro 2021
ESTA SEMANA DESEXÁMOSVOS "UN MUNDO MÁIS FELIZ"
Conmemoramos hoxe dúas celebracións: o Día Internacional da Conmemoración das Vítimas do Holocausto e o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
Por suposto, na biblioteca temos preparada unha magnífica BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA no noso estante móvil central e un cartel cos MARCADORES DE LIBROS que un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato (Literatura Universal) fixo para conmemorar estes dous días.
Non cometamos de novo os erros do pasado, reflexionemos sobre a situación no presente e fagamos algo para cambialo se é necesario.
E antes de nada... EDUCACIÓN e LECTURA.
25 xaneiro 2021
NOVOS LIBROS NA BIBLIOTECA INCLUSIVA
BIBLIOSUXESTIÓNS en marcha nos nosos estantes!!!
Continuamos coa temática da BIBLIOTECA INCLUSIVA:
A temática do medo nos nenos e nos adolescentes (EMOCIÓNS). |
Maxia, historia e mitoloxía nun CÓMIC de Miguel Anxo Prado, ¡imprescindible! |
EMOCIÓNS, experiecias, vivencias na ADOLESCENCIA. |
Coñecemento científico acompañado de maravillosos debuxos, atractivos e didácticos. |
Historia contada noutro formato, máis próximo a novas miradas... |
Máis EMOCIÓNS e experiencias persoais. |
¿Nenos raros? Non, diversidade e riqueza. |
Sigamos coas experiencias, as aprendizaxes... |
Os refuxiados forman parte de nós... |
A diversidade funcional forma parte de nós. |
EXPOSICIÓN DE "SÍMBOLOS MÁXICOS" POR ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO DE ARTES.
Organizado pola profesora do Departamento de Debuxo, Blanca Barrio, aquí vos vai unha fermosa exposición sobre SÍMBOLOS MÁXICOS ao estilo dos que podemos atopar na arte galega, din que relacionada coa cultura celta, aínda que hai moitas opinións acerca dese tema e non nos imos meter aí, jejeje...
Gozade estas obras de arte, creadas polo alumnado de 1º de Bacharelato, acudindo á nosa biblioteca, que sempre ten cousas bonitas...
21 xaneiro 2021
#AMAMOSLAPOESÍA
18 xaneiro 2021
18TH JANUARY 2021: MARTIN LUTHER KING JR. DAY. "I HAVE A DREAM..."
- Martin Luther King Jr. foi un pastor baptista nunha igrexa de Montgomery, en Alabama, cando se converteu nun dos líderes da loita polos dereitos civís en Estados Unidos. Todo empezou coa detención de Rosa Parks cando dixo non a ceder o asento dun autobús a un home branco en 1955, nesta cidade do sur estadounidense. King foi un dos referentes nestas protestas que desembocaron na detención de Parks. Desde 1986 o tercer luns de cada mes de xaneiro, arredor do seu nacemento, 15 de xaneiro, conmemórase o día de Martín Luther King Jr.
- Sobre as escalinatas do monumento a Lincoln en Washington, King pronunciou o 28 de agosto de 1963 un dos seus discursos máis recoñecidos: "Soño que os meus catro fillos vivirán nun país no que non serán xuzgados pola cor da súa pel senón polos trazos da súa personalidade. Hoxe teño un soño". Unhas palabras que foron pronunciadas tras unha longa marcha pacífica que se realizou en favor dos dereitos civís dos negros nos Estados Unidos baixo o lema "empleo, xustiza e paz".
- O aquí recollido, ademáis dunha serie de grabacións arredor desta personalidade histórica que hoxe celebramos, aparece na seguinte páxina de RTVE: https://www.rtve.es/radio/20210118/dia-martin-luther-king/2067204.shtml. Podédela mirar con atención e procurar aínda máis información.
- Desde o Departamento de Inglés organizouse para esta data unha charla-debate en dúas aulas de 2º de Bacharelato, que foi impartida magníficamente por Ms. Zoe Cardwell-Copenhefer (fullbright language assistant), que este ano está a traballar no noso centro, e que mellor persoa que ela para dar a coñecer a figura de King.
- O alumnado puido coñecer algo máis da vida e obra de King, gozar dalgúns minutos do seu famoso discurso, comentar varias citas significativas e facer una reflexión sobre as súas reivindicacións e a necesidade da pervivencia destas hoxe en día...
As LeBron 18 no #MLKDay |
Ms. Zoe Cardwell-Copenhefer |