NOITE DE DEFUNTOS NA @BIBLIOXUN!
Xa sabedes que na nosa biblioteca non celebramos Halloween, sin Samaín, senón a auténtica NOITE DE DEFUNTOS, que trae algo máis consigo que monstruos de todo tipo, máis propios da cultura anglosaxona que da galega. Isto aprendémolo o ano pasado!
Estes días somos máis conscientes dos nosos mortos; acendemos os candís para que atopen o camiño de ida e de volta; cruzamos a porta do Alén; escoitamos como estoupan as castañas do magosto, que indican que unha almiña máis deixa o Purgatorio para ir ao Ceo; estamos atentos ao camiño por se escoitamos a chamada da Compaña, sempre arrepiante...
E coma todos os anos, un conxunto de obras ocupa o noso estante central da biblioteca, constituido unha nova BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA, ao tempo que no noso CATÁLOGO KOHA (ver no menú da esquerda deste blog) creamos unha NOVA LISTA PÚBLICA coa temática de
"Noite de difuntos e outras historias de medo, terror e fantasía".