Se queres buscar unha obra nesta biblioteca, se prefires a lectura dixital, se aceptas unha "bibliosuxestión" lectora ou che apetece ver as fotos das actividades e concursos que se fan aquí... BUSCA NO MENÚ DA ESQUERDA. A Biblioxún pertence á rede de Bibliotecas Escolares de Galicia desde o curso 2018-19. TEMA EIXO deste curso 2025-26: "MIRADAS REVELADORAS: O AUDIOVISUAL NA BIBLIOTECA"
23 febreiro 2024
DÍA DE ROSALÍA (23 DE FEBREIRO)
Para conmemorar este DÍA DE ROSALÍA, na biblioteca tivemos unha LECTURA COMPARTIDA de POEMAS ROSALIANOS por parte do profesorado do centro, e acompañamos a lectura con MÚSICA DE ZANFONA grazas ao noso alumno de 1º de Bacharelato, Abel Oliveira. A INTRODUCIÓN ao evento estivo a cargo de Paula Lois, de 4º de ESO. Para mostra, uns "botóns" de vídeos:
Tampouco faltan as nosas BIBLIOSUXESTIÓNS LECTORAS!
Escollemos tanto obras de ROSALÍA DE CASTRO coma OBRAS EN GALEGO en todos os campos do saber!!
14 febreiro 2024
11 febreiro 2024
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA (11 de febreiro)
O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA danos a oportunidade de transmitir na biblioteca unhas pequenas biografías de grandes científicas de todos os tempos.
Alumnado da ESO, organizados pola profesora María, de Matemáticas, expón no noso atril información ben ben interesante.
E coma sempre incluimos a nosa especial BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA e as MESIÑASCUQUIS, esta vez con libros para colorear onde ademais de coñecer como eran estas mulleres físicamente, tamén aprendemos dos seus logros na ciencia:
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)