Hoxe a biblioteca acolleu a XINCANA MATEMÁTICA organizada pola responsable do CLUB DE LECTURA MATEMÁTICA, Sonia Freire. O resultado foron miolos esnaquizados, rompeduras de cabezas e sobre todo a satisfación de gañar un premio e o aplauso dos compañeiros e compañeiras nesta xornada de xogos tan especial.
Se queres buscar unha obra nesta biblioteca, se prefires a lectura dixital, se aceptas unha "bibliosuxestión" lectora ou che apetece ver as fotos das actividades e concursos que se fan aquí... BUSCA NO MENÚ DA ESQUERDA. A Biblioxún pertence á rede de Bibliotecas Escolares de Galicia desde o curso 2018-19. TEMA EIXO deste curso 2024-25: "UN MUNDO DE ÁRBORES"
31 maio 2024
20 maio 2024
AVALIACIÓN BIBLIOTECA. CURSO 2023-24
Ilustración de João Vaz de Carvalho |
SE ES ALUMNO/A DO IES A XUNQUEIRA I, PREME NA LIGAZÓN DE ABAIXO
E CUBRE A ENQUISA!
https://forms.gle/V2UfJdHbxLXWzYvu6
RESULTADOS: https://docs.google.com/forms/d/1laFjtQqwRbOxXND497gdYxc5A_Bs3Rd2Z3KNHtejlEk/viewanalytics
16 maio 2024
CLUB DE LECTURA FEMINISTA: Charla con Lola Varela.
Lola Varela, autora do libro Feminismo de proximidade, e antiga directora do centro, achegouse este xoves á biblioteca para falar de feminismos ao grupo de lectores do Club de Lectura feminista deste curso.
https://libreriaabrente.es/collections/vendors?q=Lola%20Varela
A biblioteca ten o seu libro entre os andeis de temática feminista e estamos encantados de favorecer a xuntanza e a charla interxeracional sobre temas tan de actualidade coma este.
13 maio 2024
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (17 DE MAIO)
Esta semana celebramos por fin AS LETRAS GALEGAS!! O 17 de maio é o día, e como é festivo, seguro que tedes algúns diíñas libres para ler!!
Este ano está adicado a LUISA VILLALTA. Nas seguintes ligazóns podedes acceder a toda a información sobre a súa vida e a súa obra: