28 febreiro 2025

ENTROIDO E NOVIDADES NA BIBLIOXÚN!

Preparámonos para o ENTROIDO que comeza, e no noso instituto xa conta con...

1) "Mesiñas cuquis" na Biblioxún coa temática do entroido.

2) Bibliosuxestións quentiñas a partir das novidades recén mercadas para vós. Xa sabedes: LEVADE PARA LER NAS VACACIÓNS!!

3) E a Festa de Entroido no pavillón!!!

"MESIÑAS CUQUIS" DE ENTROIDO!


AS NOVIDADES!!
Este ano sobre TEATRO!!
(Biblioteca Escolar a Escena!)



"Un mundo de árbores", tema eixo deste curso!!





FESTA DE ENTROIDO NO PAVILLÓN (Grupo de Seráns da Xunqueira)

20 febreiro 2025

OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL (Soledad Felloza)

Hoxe tivemos un obradoiro de NARRACIÓN ORAL a cargo de Soledad Felloza. É a nosa primeira formación este ano desde a entrada no proxecto de RADIO NA BIBLIO. Nesta actividade participaron varios grupos de 1º da ESO (Proxecto Competencial).

Aprendimos básicamente como se debe modular a voz para facer da nosa historia na radio algo interesante, emocionante, vivo, coa intensidade xusta para que todo o mundo manteña a atención ata o final. 

Grazas, Soledad!







11 febreiro 2025

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA: LECTURA COMPARTIDA DE BIOGRAFÍAS DE MULLERES CIENTÍFICAS

Feliz Día Internacional 

da Muller e da Nena na Ciencia!!

Nós durante este día levaremos a cabo diversas actividades que nos permitirán concienciarnos sobre as mulleres e o seu acceso e mantemento nos primeiros postos do ámbito científico nacional e internacional. 

1. Lectura compartida: Biografía de mulleres científicas.

2. Conferencia: "Por que nacín enxeñeira?".

3. Cianotipias: Lembrando a Anna Atkins.

4. Bibliosuxestión lectora no estante central.  

1) LECTURA COMPARTIDA: BIOGRAFÍAS DE MULLERES CIENTÍFICAS NA BIBLIOTECA. 


A profesora María, de Matemáticas, presenta o evento.

















2) CONFERENCIA "POR QUE NACÍN ENXEÑEIRA?"

A conferencia está preparada para 4º ESO... Aquí podemos ver a alumnado e relatora na biblioteca:





3) CIANOTIPIAS: LEMBRANDO A ANNA ATKINS:


Ligazón á entrada propiamente dita neste mesmo blog: 


4) BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA:
O estante central énchese de recomendacións lectoras para o noso alumnado.