24 outubro 2022

Día das bilbiotecas!

Un día máis, pero un día para autolembrarme que...

...o  papel da biblioteca é esencial nos nosos centros. 

E non o digo só porque na biblio vai un caloriño taaaan rico, estase taaaan ben aquí!!! 


https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1677 



17 outubro 2022

DÍA DAS ESCRITORAS (17 outubro, 2022)

Este ano, o día 17 de outubro é o DÍA DAS ESCRITORAS, e xa sabedes que a Biblioteca Nacional de España (BNE) celebra esta data buscando unha temática específica e un conxunto de textos de escritoras da literatura que desenvolvan dito tema. 

Nesta ligazón 

https://diadelasescritoras.bne.es/edicion-2022/

lemos o seguinte:

"La séptima edición de El Día de las Escritoras se adentra en un tema tan complejo y heterodoxo como la guerra desde el punto de vista de las mujeres.

Una selección de textos que, en gallego, euskera, catalán y en muchos de los acentos del castellano de Latinoamérica y España escribieron un puñado de mujeres que, a día de hoy, nadie podrá dudar forman parte de algo tan extenso como la cultura en español, por más que, desafortunadamente, muchas de ellas casi ni son conocidas más allá de sus fronteras.

La mayoría de esas mujeres vivieron, de un modo u otro, la experiencia nefasta de distintas guerras -en el más amplio de sus sentidos- y sus secuelas y han dejado de un modo u otro su testimonio por escrito." 

No blog de bibliotecas escolares tamén se atopa a selección de obras en galego que conmemora esta data:

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1674 

Non deixedes de ler os textos propostos!

Coma sempre, a biblioteca selecciona una serie de BIBLIOSUXESTIÓNS LECTORAS  que se expoñen no noso estante central:






04 outubro 2022

SEMANA MUNDIAL DO ESPAZO!

 



Desde o 6 de decembro de 1999, a Asamblea Xeral declarou a "Semana Mundial do Espazo" a semana comprendida entre o 4 e o 10 de outubro para celebrar cada ano a escala internacional as contribucións da ciencia e da tecnoloxía espaciais á mellora da condición humana. 

A biblioteca contribuirá á divulgación de coñecemento relativo a este ámbito a través da nosa primera exposición relacionada co tema eixo deste ano na biblioteca, "O espazo exterior: mundos por descubrir". 










03 outubro 2022

Concurso para a ESO de "AVENTURAS DE MEDO NO ESPAZO"

 


Consulta as bases nos carteis informativos pendurados nos paneis da túa clase. 

Actividades cos grupos do Bacharelato artístico!

O grupo de 1º E de Bacharelato (modalidade artística), na materia de PROXECTOS ARTÍSTICOS, asistíu á exposición colectiva de traballos de fin de grao da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. A exposición, que leva por título "Do final e do comezo, 2022" está no Pazo da Cultura de Pontevedra e pode visitarse ata o 30 de outubro. 






26 setembro 2022

XORNADAS DE FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS DA BIBLIOTECA

A semana pasada comezamos a impartir a formación de usuarios e usuarias da biblioteca entre o alumnado de 1º e 2º de ESO:


As seguintes fotos mostran o ben que o pasaron os grupos de rapaces que asistiron a esta formación!!

















02 xullo 2022

FIN DE CURSO!!


 ⛱😎🌞Desde a @biblioxun desexámosmos un bo verán e unhas vacacións das de desconectar moitísimo!! ⛱😎🌞E xa vos adianto que o ano que vén VIAXAREMOS AO ESPAZOOOOOOO!!! 🚀🚀🚀🚀🚀