Estudou Ciencias Empresariais como estudos regrados e Cociña como estudos non regrados. Ampliou a súa formación con cursos monográficos, entre eles os realizados con Ferrán Adriá. Exerce como xefe de cociña do seu restaurante, “Casa Solla”, de tradición familiar. Iniciou a súa traxectoria profesional no ámbito da restauración traballando nel. A carón desta empresa que lidera na súa vila natal en Poio, comparte proxectos empresariais máis alá da nosa comunidade, no ano 2015 crea e abre o primeiro concepto parello a “Casa Solla”, “Atlántico” na madrileña rúa de Velázquez, que amplía despois cun segundo local en Menéndez Pelayo e o recentemente inaugurado en Valencia “Porta de la Mar”.
Impartiu cursos e obradoiros de cociña, participou activamente en distintos certames gastronómicos de ámbito nacional e internacional e presenta en Canal Cocina o espazo “Pescados y Mariscos”.
Impartiu cursos e obradoiros de cociña, participou activamente en distintos certames gastronómicos de ámbito nacional e internacional e presenta en Canal Cocina o espazo “Pescados y Mariscos”.