27 febreiro 2019

AS AUTORAS DO MES DE MARZO: AS IRMÁS BRONTË


AS AUTORAS DO MES
MARZO

AS IRMÁS BRONTË



Dediquémoslles este mes ás tres irmás, que tan unidas estiveron en vida e que, en certo modo, escribiron obras complementarias. Incluso publicaron os seus poemas nunha edición conxunta cos seus nomes ficticios: Currer (Charlotte), Ellis (Emily) e Acton (Anne) Bell.



Naceron en datas próximas e, por desgraza, morreron tamén nunha marxe estreita de tempo, cando aínda lles quedaba moito por escribir.


Charlotte foi a máis prolífica, coas súas novelas Jane Eyre, Villette, Shirley e O profesor. A primeira deulle popularidade e serviu para que os lectores reparasen nas obras das súas irmás menores. Novela de carácter romántico que non prescinde do detallismo realista, presenta unha institutriz e profesora de orixe humilde que debe loitar por ser recoñecida a súa dignidade persoal superando as restricións impostas pola sociedade. En Villette e O profesor, aproveita aspectos autobiográficos; en especial, da súa estancia en Bélxica. Causaron certo escándalo na súa época por presentar uns personaxes femininos de carácter independente. Shirley, a súa última novela completada, amosa máis preocupación social, pois remóntase á aparición do movemento ludita -que reclamaba a destrución das máquinas por considerar que supoñían a perda de man de obra nas industrias- de principios do século XIX.

Pulsa na imaxe para ler a obra (español)


Pulsa na imaxe para ler a obra (español)
                       


Pulsa na imaxe para ler a obra (inglés)
Pulsa na imaxe para ler a obra (inglés)
                                                        


Emily, que foi a mellor poeta das tres, só deixou unha novela, Wuthering Heights, traducida xeralmente co titulo de Cumes borrascosos. Trátase dunha obra extraordinariamente orixinal, sombría e complexa. É tamén a máis romántica e fantasmal. Presenta un amor que continúa máis alá da morte e uns personaxes cheos de contrastes, movidos polas súas paixóns, que os conducen á infelicidade e o resentimento.

Pulsa na imaxe para ler a obra (español)

Anne, a máis nova, é talvez a mellor estilista e a máis realista das tres. En Agnes Grey trata, antes que Charlotte, sobre as penalidades das institutrices saídas das familias de clase media. A inquilina de Wildfell Hall é unha novela que merece máis recoñecemento pola valentía con que enfoca un tema case tabú na época: os malos tratos que sofre unha muller casada cun individuo adicto ó consumo de alcol. Para indignación da sociedade vitoriana, defende a separación da parella e o abandono do lar conxugal por parte da esposa.

Pulsa na imaxe para ler a obra (inglés)
Pulsa na imaxe para ler a obra (inglés)
  



Na nosa biblioteca pódense atopar edicións de Jane Eyre e Cumes borrascosos, as novelas máis famosas das irmás. Na rede é doado encontrar estas e outras obras, en especial na súa versión inglesa. No Project Gutenberg rexístranse incluso algúns estudos ou biografías dedicados ás Brontë; por exemplo, os escritos por Elizabeth Gaskell e May Sinclair.


Pulsa na imaxe para ler a obra (inglés)


26 febreiro 2019

CARTEIS NA BIBLIOTECA

Hai unhas semanas pintamos a biblioteca de gris clariño, e tivemos que recolocar algunhas cousiñas coma os carteis do AUTOR DO MES. Podedes ver como están colocados agora...





CARTEIS DE CINE E VIAXE

No Parnasillo temos unha mostra dos carteis anunciadores dunha actividade no Pazo da Cultura que ten que ver co CINE e coas VIAXES:







ARTE NO PARNASILLO

No Parnasillo e nos corredores próximos atopamos varios AUTORRETRATOS de alumnado do Bacharelato de Artes... A ver se os recoñecedes!


















24 febreiro 2019

DÍA DE ROSALÍA (24 de febreiro)

Cartel da 2ª edición do Festival Rosalía que se celebrou na Coruña o ano pasado.
É SuperRosalía, creada pola ilustradora Xiana Iglesias,
que pretendía mostrar a unha Rosalía forte, combativa e loitadora polos dereitos das mulleres.

Gustoume moitísimo o cartel de Xiana Iglesias, e penso que este ano ímolo ter na nosa biblioteca sexa onde sexa, entre outras razóns porque temos pensado facer unha conmemoración conxunta do Día de Rosalía e do Día da Muller, que vos parece? Que mellor que unha supermuller galega que o represente todo!!! 

Xa vos iremos contando!!!


Pero antes de nada... 

1. CANTO SABES DE ROSALÍA DE CASTRO? Pincha na imaxe de SuperRosalía!!!

2. ¿QUE FAN NO DÍA DE ROSALÍA O RESTO DOS CENTROS DE BIBLIOTECAS DE GALICIA? Pincha aquí:

3. A artista galega MJ PÉREZ homenaxea a Rosalía de Castro cantando o poema "CASTELLANOS DE CASTILLA" SOBRE O TEMA "MALAMENTE" da cantante catalana Rosalía. Pinchade aquí:

15 febreiro 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA (11 de febreiro)

Na mesma semana que se celebra o Día internacional da muller e da nena na ciencia, un grupo de alumnos e alumnas de 2º de ESO e 1º de Bacharelato, orientados pola profesora María del Carmen Rey, do Deptartamento de Matemáticas,  decide botar unha ollada ao seguinte libro....


Trátase dun libro ilustrado que pon en relevo as contribucións de 50 mulleres notables nos campos da ciencia, a tecnoloxia, a enxeñería e as matemáticas desde o mundo antigo ata o moderno. Esta obra tamén contén infografías sobre temas relevantes, coma equipos de laboratorio, número de mulleres que traballan actualmente en diversos ámbitos científicos e un glosario científico ilustrado. 

Nesta interesante obra, novidade na nosa biblioteca desde hai uns meses, servíu a este alumnado para falar das seguintes mulleres de ciencia:

Sara Castro (1º Bach.) fau unha introdución sobre as mulleres de ciencia.



Marta García (2º ESO) fala de Lise Meitner (física)

Sofía Gulías (2º ESO) fala de Emmy Noether (matemática, física teórica)

Brian Torres (2º ESO) fala de Christiane Nüsslein-Volhard (bióloga).

Laura Buceta (2º ESO) fala de Elizabeth Blackwell (doctora).

Sandra Carabelos (1º Bach.) fala de Alice Ball (química).

Aitana López (1º Bach.) habla de Mary Anning (recolectora de fósiles y paleontóloga).

Inés Clemente (2º ESO) fala de Cecilia Payne-Gaposchkin (astrónoma e astrofísica).



Roque Álvarez (2º ESO) fala de Jocelin Bell Burnell (astrofísica).

Mercedes Tilve (2º ESO) fala de Katia Krafft (xeóloga e vulcanóloga).

Sarai Loureiro (1º Bach.) fala de Edith Clarke (enxeñeira eléctrica)

Cristina Rodríguez (1º Bach.) fala de Jane Cooke Wright (oncóloga).

Alejandra Bemposta Penas (2º ESO) fala de Silvia Earle (bióloga marina, exploradora e submarinista).
Gabriel Neira (2º ESO) fala de Silvia Earle (bióloga mariña, exploradora e submarinista).

Sonia Abelleira (2º ESO) fala de Joan Beauchamp Procter (zoóloga)