31 marzo 2019

LER LITERATURA PODE FACERNOS MELLORES

Ilustración de Elena Prudnikova

Aquí vos deixo un artigo moi interesante do New York Times, que nos fai ver en canto nos axuda a lectura de obras literarias na nosa propia vida: 


Que pensades vós? 

Comentade o artigo, por favor.

28 marzo 2019

O AUTOR DO MES DE ABRIL, HARUKI MURAKAMI




O autor do mes de abril

HARUKI MURAKAMI


            Este autor xaponés proposto reiteradamente para o premio Nobel ten tras de si unha longa traxectoria como escritor. Entre as súas obras, adóitase recomendar Tokio blues, Kafka á beiramar, Sputnik, meu amor, Ao sur da fronteira, ao oeste do sol, Os anos de peregrinación do rapaz sen cor, 1Q84 e Homes sen mulleres. Todas elas, agás a última, son novelas de diversa extensión.

 

            Ten sido criticado pola súa condición de narrador “posmoderno”, achacándolle que procura a comercialidade, non amosa demasiado compromiso social e, con frecuencia, foxe do realismo para refuxiarse en mundos fantásticos nos cales todo é posible. Como calquera crítica, ten que ser tomada polo que vale –unha opinión mellor ou peor fundada-, de modo que cada lector debe deixarse guiar polo seu propio criterio, que, de feito, pode variar dunha obra a outra. Difícil será que ningunha delas sexa do noso agrado.


            As obras de Murakami amosan bastantes aspectos comúns. A miúdo recrean o mundo da infancia e a adolescencia. Aínda que a sociedade xaponesa é moi peculiar, as experiencias dun ser humano son moi semellantes, así que calquera de nós pode sintonizar cos problemas dun fillo único ou dun adolescente que se atopa ante o difícil tránsito cara á madurez. Con certos anos, é doado comprender as dificultades matrimoniais, co seu corolario posible de infidelidades e enganos.


            Murakami presenta temas universais: a soidade esencial das persoas, a súa confusión ante a vida, a súa vivencia do amor, a depresión e mesmo a loucura producidas polo mundo moderno. Talvez chame a atención que presta a temas como as relacións sexuais e o suicidio, que aparecen con frecuencia nas súas novelas. Dá a impresión de que ten unha visión moi “romántica” da existencia. A miúdo presenta un amor non correspondido ou, incluso, sen esperanza. Os seus protagonistas son, xeralmente, seres solitarios, imperfectos, que viven nun mundo defectuoso; de aí que procuren ser tolerantes e procuren evitar caer na inxustiza.

 

            Sendo un autor moi xaponés, Murakami amosa gran admiración polo mundo occidental. A música e a literatura europeas ou estadounidenses sérvenlle de punto de referencia. Dickens, Poe, Kafka, Carver, Orwell, Dostoievski, Irving, Kerouac, Mann, Salinger, Scott Fitzgerald, Hesse...; os Beatles, Nat King Cole, Duke Ellington, Mozart, Schubert, Yanacek... Tras a lectura das súas novelas, quédanos pendente a audición ou a lectura –cando menos, a consulta en internet- dunha serie de obras. Ademais, alude con frecuencia a aspectos psicolóxicos ou filosóficos xurdidos en Occidente; en especial, os relacionados coa psicanálise.


        Outra constante dos seus libros é a aparición de elementos fantásticos nunha historia basicamente realista. Isto é, sobre todo, visible en 1Q84 –un xeito distinto de aludir a 1984- e Kafka á beiramar. Esta característica pode implicar que se mesturen o lóxico e o absurdo, o racional e o onírico e, en sentido máis amplo, o humor e traxedia, de modo que provoque no lector unha sensación de incoherencia aparente.


            En canto á técnica, as súas obras, aínda que presentan certos xogos no relativo ao narrador, o espazo e o tempo, son bastante tradicionais e, polo menos nas traducións ó noso alcance, utilizan unha linguaxe doadamente intelixible.


            Velaquí, pois, un novo autor digno de ser recomendado, que, ademais, ten moito que dicir a un lector adolescente. Talvez conviría comezar a coñecelo mediante a lectura das súas novelas máis breves –Ao sur da fronteira, ao oeste do sol, Sputnik, meu amor ou Os anos de peregrinación do rapaz sen cor- para seguir coa súa novela máis popular, xa levada ao cine, Tokio blues.

             

26 marzo 2019

VISITA DE MARCOS CALVEIRO AO NOSO CENTRO


Hoxe martes 26 de marzo vén Marcos Calveiro a falar, na nosa Sala de Usos Múltiples, da súa obra O xardineiro dos ingleses

Seguro que vos gustará falar con él e preguntarlle un montón de cousas, porque sei que vós lestes a novela e gustouvos moitísimo! O alumnado de 1º de Bacharelato C e E van ir nas dúas últimas horas de clase. 

Esta é unha actividade que preparou o profesor do Grupo de Normalización Lingüística, Reboredo. 




VISITA Á BIBLIOTECA DA FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS DE PONTEVEDRA

Esta actividade estase a levar a cabo esta semana, e está orientada aos alumnos de 1º de Bacharelato, que son os que en nada van cumprir os 18 anos, que é cando xa poden levar en  préstamo as obras desta biblioteca que nos queda preto do centro. De todas formas, tamén alí poden gozar da lectura ou dispoñer dunha mesa e cadeira para estudar o tempo que precisen, por suposto. 

Aquí vos deixamos as fotos tomadas a un dos grupos, o de 1º E, da modalidade de Arte:










25 marzo 2019

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: VIAXA CO TEU LIBRO

Lembrades o concurso de fotografía que está en marcha actualmente na biblioteca?




ESTA SEMANA (DO 25 AO 29 DE MARZO) PODEDES VOTAR NA BIBLIOTECA POLOS QUE MÁIS VOS GUSTEN

Estas son as primeiras fotos que logo podedes elixir!

CATEGORÍA BACHARELATO / CICLOS FORMATIVOS:


1. Sen título (Abril Iglesias Garrido, 1º E, Bach.)

2. "Un doble viaje" (Pastora Romero Paz, 1º E, Bach.)

3. Sen título (Sara Iglesias Rodríguez, 1º E, Bach.)

4. Sen título (Óscar Vidal Domínguez, 1º C, Bach.)

5. "A lectura fai voar a túa imaxinación" (Tania Borrageiros Torres, 1º C, Bach.)

6. "Nowhere" (David Chaves, 1º E, Bach.)
7. "Non é o libro o que nos fai viaxar, senón a persoa que nos recorda ao lelo" (Lara  Durán Canosa, 1º C, Bach.)

8. Sen título (Antón Castro, 1º E, Bach.)

9. "Luces de invierno" (Alba Pereira Pazos, 1º E, Bach.)

10. "Todos los viajes empiezan con un prólogo" (Evelyn Lores, 1º E, Bach.)

11. "Quiero vivir las aventuras de los libros" (Sergio, 1º C, Bach.)

12. "De viaxe no autobús" (Anxo Gómez, 1º C, Bach.)

13. "Una mente necesita un libro como una abeja el polen" (Assia Nichami, 1º C,  Bach.)

14. "Sumérgete en la magia de los libros" (Jennifer López Bolaños, 1º C, Bach.)


15. "La vuelta al mundo en ocho ruedas" (Alba Freijeiro López, 1º E, Bach.)


16. Sen título (Aarón Martínez Rodríguez, 1º E, Bach.)

17. "Alma viajera" (Julia Fariña Iglesias, 1º C, Bach.)
18. Sen título (Pablo Cuesta, 1º C, Bach.)


19. Sen título (Jacobo Gondariz, 1º C, Bach.)

21 marzo 2019

DÍA MUNDIAL DA POESÍA (21 de marzo)

Coma tódolos anos, achegamos a poesía de novo ao noso alumnado.

Tomade nota das notas recomendacións lectoras, do noso novo itinerario:








NA NOSA VITRINA DE TESOUROS, HAI POESÍA AGOCHADA....

...MESMO "RAPOEMAS!!!
Ademáis das obras que xa viñan incluidas no itinerario lector número 6 ("Esta ponte... poesía": https://biblioxun.blogspot.com/2018/12/exposicion-de-poesia-para-ponte-da.html ), están as seguintes, que formarán...

o ITINERARIO LECTOR Nº 10:

-AID: Rapoemas.

-LUCÍA NOVAS: Neve.

-CARLOS NEGRO: Penúltimas tendencias.

-CARLOS NEGRO: Aplicación instantánea.

-YOLANDA CASTAÑO: O puño e a letra.

-VV. AA.: Mi primer libro de poemas.

-ELVIRA SASTRE: Cuarenta y tres maneras de soltarse el pelo.

-IRENE X: La chica no olvida.

-GLORIA FUERTES: Geografía humana y otros poemas.

-TANIA BALLÓ: Las sinsombrero 1. Sin ellas la historia no estaría completa. 

-TANIA BALLÓ: Las sinsombrero 2. Ocultas e impecables. 

-VV. AA.: Peces en la tierra. (Antoloxía poética de mulleres poetas en torno ao 27)

-RAQUEL LANSEROS, ANA MERINO: Poesía soy yo. (Antoloxía de mulleres poetas)

-RAMÓN PEREIRA: La voz que no cesa. (Cómic)

-IAN GIBSON: Vida y muerte de Federico García Lorca. (Cómic)