FELIZ DÍA DO LIBRO!!!
- Coma todos os anos, a Biblioxún celebra o Día do Libro, desta vez nun novo emplazamento da biblioteca, con novos profesores pero coa mesma ilusión e as ganas de seguir fomentando a lectura entre o noso alumnado. Con esta razón, un grupo de profes pasaron este recreo pola biblioteca e recomendáronvos cadanseu libro, fixádevos!!
- Por certo, tedes en INSTAGRAM un vídeo moi bonito ao que podedes acceder para ver as portadas dos libros recomendados: https://www.instagram.com/p/CcpmQsuFlcw/
- Tamén están en Instagram fragmentos dos vídeos dos profesores:
https://www.instagram.com/p/Ccp0Y5NM6DJ/
https://www.instagram.com/p/Ccp1EoCMaMg/
https://www.instagram.com/p/Ccp2g3rMYwz/
- E na seguinte ligazón hai unha selección de poemas da flamante Premio Cervantes 2022, Cristina Peri Rosi: https://www.instagram.com/p/CcshfdRsm1E/
Feynman, de Ottaviani y Myrick (cómic) A miña familia e outros animais, de Gerald Durrell |
Sopros de mudança, de Marta Pintos |
Elefante, de Martin Super |
Pasaportes, de Fernando Rodríguez Gómez e Sergio Suárez. La grammaire est una chanson douce, de Erik Orsenna. |
Azucre, de Bibiana Candia |
Caperucita en Manhattan, de Carmen Martín Gaite |
Traición, de Scott Westerfeld |
Le pont des arts, de Catherine Meurisse (cómic) |
País de cuatro, de Anush Lores Lemos |
Milk and Honey, de Rupi Kaur (poesía en inglés) |
El fin de la infancia, de Arthur C. Clarke. Los propios dioses, de Isaac Asimov |
El fantasma y la señora Muir, de R. A. Dick |
Cuarentena, de Petros Márkaris |
La sombra del viento, de Carlos Ruíz Zafón |
- Para rematar a homenaxe ao libro, o luns 25 a profesora de inglés, Bea, trouxo ao seu alumnado da ESO á biblioteca para ensinarnos as súas creacións, isto é: a presentación en inglés de personaxes literarios nos seus respectivos perfís en redes sociais. Foi orixinalísimo e pasamos boísimos momentos.
- Algunhas fotiños da biblioteca chea de suxestións lectoras!!!
E nada máis, grazas a todos por participar e...
FELICES LECTURAS!!