27 abril 2023

OBRADOIRO DE ARDUINO NA BIBLIOTECA!


O alumnado de 2º de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial impartíu ao alumnado do Instituto de London St John Bosco un Arduino Workshop en inglés. Cada alumno español traballou cun alumno inglés e lle explicou na súa lingua como programar un Detector de Obstáculos de Bicicletas. 

Deixámosvos a ligazón a Instagram para que vexades como se levou a cabo a actividade!

https://www.instagram.com/p/CriNcmXAf2I/


23 abril 2023

O SALÓN DO LIBRO (Do 21 ao 7 de maio)



Máis de 7.000 libros pasaron pola TROCA DE LIBROS

Como sempre gusta darlle unha segunda vida a esas lecturas que nos emocionaron, que nos divertiron, que nos fixeron coñecer novos mundos... o IES Torrente Ballester organiza todos os anos unha troca de libros no Salón do Libro. Ademais, este ano coincidíu co DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO. 

Nós tamén nos animamos a participar na troca, xunto con quince centros máis. E foi todo un éxito!

Repertiremos!!





21 abril 2023

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO (23 DE ABRIL). PROFESORADO E ALUMNADO RECOMENDAN...

 

Fondo de pantalla para o CROMA que empregaremos na actividade

Texto introductorio elaborado pola responsable da biblioteca:

O día 23 de abril é unha data mo sinalada para escritores, editoriais e amantes da lectura: celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, una xornada moi especial para fomentar e reivindicar a lectura, protexer os dereitos dos autores e autoras e visibilizar a industria editorial.

Escolléuse este día porque o 23 de abril de 1616 morreron, ou eso din, os escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

O que seguro que algún de vós non sabiades é que o primeiro Día Internacional do Libro celebrouse o 7 de outubro de 1926, e a idea foi do escritor catalán Vicente Clavel Andrés, para conmemorar o nacemento de Cervantes. Propúxose, entón, a chamada Festa do Libro Español.

Pero en 1930 decidíuse mover a celebración para a data actual do 23 de abril, que acabaría coincidindo co Sant Jordi, patrón de Cataluña, Aragón e Inglaterra.

A UNESCO, por outra banda, aprobou celebrar este día desde 1995 para apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento, así como para mostar a súa defensa do libro e dos dereitos de autor. Ademais, anualmente elíxese unha capital mundial do libro e organízase alí un completo programa de actividades e proxectos. Este ano é Accre, pobo de Ghana, África.

Hoxe, na biblioteca do noso centro celebraremos o Día Internacional do Libro, primeiro a través da lectura de fragmentos que reivindican a importancia e a necesidade de ler, e segundo a través das recomendacións que profesorado e alumnado nos queiran facer. Grazas a todos!

FELIZ DÍA DO LIBRO 2023!



  • Lista en KOHA das novidades coa temática dos LIBROS E DAS BIBLIOTECAS:
https://iesxunqueira1.edubib.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?op=view&shelfnumber=521&sortfield=title
  • Vídeo en Instagram onde se mostran os novos libros aos que nos referiamos arriba: 
https://www.instagram.com/p/CrT39TCsGFI/

11 abril 2023

O ESCUDO DE AQUILES!


A profesora Dolores, de Grego, membro do equipo de Biblioteca, organizou co seu alumnado de Cultura Clásica (3º ESO) a elaboración dunha roda que semellaba o ESCUDO DE AQUILES na que se relacionaban a mitoloxía coas constelacións

Como outros, este traballo ten que ver co tema eixo deste ano da Biblioteca, tamén relacionado co de Polos Creativos: "O espazo exterior: mundos por descubrir". 

Aquí tedes o resultado!! 😍😍