Este ano 2023, como xa sabedes, o Día das Letras Galegas está adicado a...
FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de Janeiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia. Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Fernández del Riego pertence á xeración de intelectuais xurdidos arredor do Grupo Nós.
A BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA DA BIBLIOXÚN
NESTE DÍA DAS LETRAS GALEGAS É A SEGUINTE:
 |
Expositor central con obras en galego |
 |
Obras sobre a vida e a obra de Fernández del Riego |
 |
... entre as obras expostas, o último libro de poesía, premiado, de Ismael Ramos, Lixeiro! |
 |
... ala no fondo vemos a opera prima de Xacobe Medina, Lembranzas dun mestre subversivo! |
 |
Moitas novidades deste ano: a biografía de María Casares, A ladroa da biblioteca de Meirás ou O moucho voa, sobre filosofía! |
 |
En Historias para coñecermos Pontevedra hai moitas narracións sobre a nosa vila! |
 |
Novidades co selo de "LECTURA FÁCIL" en galego! |
 |
A mitoloxía nunca faltou na nosa Biblioxún, xa o sabedes! Tamén en galego! |
 |
As matemáticas e a física son fundamentais!! |
 |
Castelao, imprescindible! |
 |
Manuel Rivas, imprescindible!
|
 |
Obras de temática LGTBI e textos teatrais! |
 |
Poesía en galego! |
 |
Novela xuvenil! |
- Por outra banda, e organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, cuxo coordinador tamén forma parte do Equipo de Biblioteca, organizouse un OBRADOIRO DE POESÍA EN GALEGO a cargo da profesora e escritora ORIANA MÉNDEZ, filla do insigne escritor José Luis Méndez Ferrín. O obradoiro estaba orientado ao alumnado de 4º de ESO e levouse a cabo, por suposto, entre libros, na biblioteca.