27 xaneiro 2025

BIBLIOCAUSTOS E CENSURAS (Día Internacional da Conmemoración das Vítimas do Holocausto e Día Escolar da Non Violencia e a Paz)

Alumnado de 4º A e B elaborrou uns carteis a partir da lectura de textos relacionados coa queima de libros e coa censura en distintos momentos da historia mundial: a etapa da Inquisición (Índice de libros prohibidos), durante a Guerra Civil, na II Guerra Mundial, na actualidade...

A Biblioteca complementou a cartelería coa selección das obras censuradas e a razón da súa prohibición escrita en sendas tarxetas. Todo no Parnasillo!!

Suxerimos aos titores e titoras aproveitar esta exposición para levar aos titorandos ao Parnasillo:
























25 xaneiro 2025

OS PREMIOS FEROZ + RADIO NA BIBLIO: DE CINE!!

VIDEOPODCAST "OUVEO FEROZ":

A través da realización deste Videopodcast, a rapazada reflexiona e goza do cinema, ademais de ter a oportunidade de ter un contacto directo con diversas figuras do mundo do cinema a través dunha serie de entrevistas a creadores audiovisuais dos filmes e series dos Premios Feroz. 

As nosas alumnas, Sara Allegue e Inayah Ali, de 2º ESO A, participaron neste proxecto entrevistando á directora de cine, guionista e actriz galega, Sonia Méndez. A Biblioxún foi o marco ideal para esta entrevista "de cine".  Preme na ligazón!








20 xaneiro 2025

A GUERRA CIVIL E A POSGUERRA ESPAÑOLAS

Esta BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA xorde a raíz dunha nova deste ano: a conmemoración por parte do goberno actual dos 50 anos da morte de F. Franco e a progresiva transformación do país cara a democracia. 

Nesta nova dábase a entender que o alumnado dos centros educativos deberían coñecer o mellor posible esta etapa da historia española. O coñecemento da historia é a única maneira de non repetir os mesmos erros do pasado. 

A Biblioteca o IES A Xunqueira I quixo colaborar na transmisión deste coñecemento a través da recopilación de obras relacionadas con este tema. 

Así nos saíu esta bibliosuxestión lectora, que abarca obras de distintos xéneros: