13 febreiro 2026

14 DE FEBREIRO, DÍA DOS AMORES DIVERSOS

Na nosa biblioteca aproveitamos o DÍA DOS NAMORADOS, que en si non celebrariamos por ser esta unha data un chisco comercial, para presentar unha nova BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA que ten que ver coas relacións amorosas, coa identidade de xénero, co ámbito LGTBI+, coa diversidade... 

Aquí vos amosamos as nosas famosas "mesiñas cuquis" de Instagram cheas de obras relacionadas con estes temas. Igualmente, nas LISTAS DE KOHA atoparedes as referencias exactas para buscalas no catálogo comodamente.








11 febreiro 2026

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Organizado pola profesora María, de Matemáticas, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO no recreo expuxo as súas BIOGRAFÍAS DE MULLERES CIENTÍFICAS, que foron recibidas polo alumnado que asistíu ese día á biblioteca. 

As exposicións foron moi interesantes, a formación neste aspecto é aínda mellor... Acompañamos esta por unha bibliosuxestión lectora, que non pode faltar, de mulleres que escriben obras de ciencia.

  • BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA: 






  • LECTURA COMPARTIDA: 















10 febreiro 2026

CREATIVITY WEEK no corredor principal do centro

Organizada polo Departamento de Inglés (profesor Tomás -coordinador-) e o Departamento de Debuxo (profesoras Maite e Aránzazu -Proxecto Competencial-), a CREATIVITY WEEK tivo ocupado e entretido ao alumnado de 2º de ESO e 1º de Bacharelato, en distintos recreos. 

Pretendeu ser unha mostra pública dos proxectos que cada grupo de alumnado completou na materia de Lingua estranxeira: Inglés. Os produtos finais foron de diversa natureza: dende pósteres ata performances, videoxogos deseñados con Scratch ou pequenas campañas publicitarias. 

As presentacións de cada un dos proxectos tiveron unha duración de entre 2 e 3 minutos, e logo foron sometidas a unha votación para valorar o mellor elaborado e o mellor exposto entre o público asistente. 

Próximamente, haberá unha entrega de premios os mellores grupos:

-1º PREMIO: 30 euros en material de papelería.

-ACCESIT Nº 1 : 20 euros en material de papelería.

-ACCESIT Nº 2: 10 euros en material de papelería. 

Dado que este ano o tema eixo é "MIRADAS REVELADORAS: O AUDIOVISUAL NA BIBLIOTECA", este traballo formará parte do conxunto de actividades que se desenvolvan durante o ano en relación co mesmo. 




Alumnado de ESO

Alumnado de ESO

Alumnado de ESO

Alumnado de ESO

Alumnado de ESO

Alumnado de ESO

Alumnado de ESO

Alumnado de ESO

Alumnado de ESO

Alumnado de ESO

Alumnado de ESO

Alumnado de ESO


Alumnado de Bacharelato

Alumado de Bacharelato

Alumado de Bacharelato

Alumnado de Bacharelato

Alumnado de Bacharelato


02 febreiro 2026

NOVOS RECUNCHOS APARECEN NA BIBLIOTECA...

 Ás veces consideramos que temos que darlle visibilidade a certos TEMAS, neste caso son os seguintes:

  • "EL RINCONCILLO TERAPÉUTICO"
Depresión, ansiedade, medos...




  • ALUMNADO CON "NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO"
Dicionarios para persoas xordas, obras sobre lectura e discapacidade,
sobre lectura entre iguais, sobre convivencia ou sobre acoso escolar.