Hoxe tivemos novo relator na Biblioteca: un representante do xornal La Voz de Galicia ("PRENSA ESCUELA").
Veu dar unha charla que levaba por título "PERIODISMO VS FAKE NEWS".
Un grupo de rapaces e rapazas de 2º de ESO asistíu a esta conferencia tan necesaria para estes días, de plena actualidade e fundamental para a educación dun alumnado adolescente que accede sen coñecementos previos ao mundo de internet, das redes ou da intelixencia artificial no que está inmersa a socidade de hoxe en día.
Esta conferencia forma parrte da formación ALFIN/AMI da Biblioteca e estivo organizado polo profesor Tomás Costal, profesor da materia de Inglés neste centro.





























