20 novembro 2015

Micoloxía


Conferencia impartida por Amancio Castro, profesor de Bioloxía e integrante da Asociación Micolóxica "Brincabois" para o alumnado de 1º da ESO. Explicáronse os tipos de cogumelos máis frecuentes en Galicia.



11 novembro 2015

Ciclo de conferecias sobre o Galego. A situación do Galego no ensino.

Pariticfipou alumnado de varios grupos de 1º de Bacharelato. Impartíuno unha persoa da Mesa pola Normalización Lingüística e Colaborou o Concello de Pontevedra.






16 outubro 2015

Arqueoloxía Submarina en Galicia.


  • David Fernández Abella
  University of Santiago de Compostela, Historia I, PhD Candidate & researcher
  |  
Licenciado en Historia con especialidad en Arqueología, Historia Antigua e Historia Medieval. 
Investigador doctoral del Departamento de Historia I, área de arqueología de la Universidad de Santiago de Compostela

Podedes saber máis del en:  Páxina de David Fernández Abella



Conferencia impartida polo arqueólogo David Fernández Abella para alumnado de 4º da ESO, na cal o alumnado puido ver como se desenvolven traballos neste eido. Incluía un apartado referido aos restos da Batalla de Rande.




01 xuño 2015

Acto de entrega de diplomas ao alumnado de 2º de Bacharelato

Incorporamos hoxe un enlace para amosar o acto no que entregamos as orlas e diplomas ao noso alumnado de 2º de Bach.


15 maio 2015


Con motivo da semana cultural e científica, o pasado 17 de abril alumnos de primeiro curso da ESO participaron nunha interesante actividade na biblioteca do centro relacionada co mundo animal. A idea xurde do departamento de inglés para reforzar os contidos da unidade didáctica que nese momento estaban a traballar e levala un paso máis alá, facer unha exposición oral sobre varios animais nesta lingua estranxeira.

Previa a exposición oral, un grupo de alumnos de 1º C levaron a cabo unha pequena investigación en parellas ou grupos sobre un animal e prepararon unha presentación cos datos máis relevantes sobre o mesmo. O día da exposición os compañeiros de 1ºB aprenderon algo máis sobre estes animais e despois todos xuntos colaboraron para realizar unha tarefa sobre o que se acaba de expoñer.

Con esta actividade no só se traballaron contidos específicos da materia de inglés senón tamén de ciencias da natureza e ademais aprenderon a buscar e aproveitar a información da rede, colaborar para facer un proxecto común e practicaron as destrezas orais.

Aquí tendes algunhas imaxes e mesmo un pequeno vídeo deste día. E para os que queirades acceder a información dende o blog de inglés premede na seguinte imaxe.

http://xunqueira1english.blogspot.com.es/

 

13 maio 2015

Actividades arredor dunha maleta matemática viaxeira


Traballo feito polo alumnado sobre a experiencia de traballar coa maleta viaxeira matemática.