13 marzo 2025

Hoxe plantamos unha árbore no patio do noso centro!

Hoxe tivemos charla na biblioteca. Asistiron alumnos e alumnas de grupos de ciencias tanto de 4º de ESO como de 1º de Bacharelato. O relator foi Claudio Quintillán, que nos veu falar das ÁRBORES DE GALICIA. 

A continuación, saímos ao patio e plantamos una árbore, concretamente un "pradairo", adecuado á terra húmida que temos no noso centro, que foi unha xunqueira no seu tempo. 

Tamén bautizamos á árbore, e puxémoslle de nome CHAN, por que? Porque foi o alumno de 1º de Bacharelato, Chan, quen cavou a terra para logo plantar esta árbore. Podédelo ver nas fotos abaixo. 

E non rematou aí a cousa: un rapaz e unha rapaza leron un poema en galego de María Reimóndez, que tiña como motivo poético a árbore, e un fragmento do novo libro, recén mercado na biblioteca, de El hombre que plantaba árbores, de Jean Giono. Podedes ver os vídeos na páxina de Instagram!!

Foi un acto moi emotivo, que rematamos todos dándonos as mans e facendo un corro arredor da árbore. Encantounos, igual que o día tan bonito que nos saíu.
















08 marzo 2025

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, 8M

Tamén este ano celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER cunha serie de actividades:

1) Bibliosuxestións lectoras orientadas ás ARTES, ás mulleres artistas, as olvidadas... 

2) Bibliosuxestións lectoras orientadas ao DEPORTE, ás mulleres no deporte, ás figuras galegas, ao FÚTBOL FEMININO...

3) Outro tipo de Bibliosuxestións relacionadas coa muller e o seu posto na sociedade.

4) Exposición no Parnasillo: Biografías de mulleres galegas no deporte.

5) Algunhas entradas seleccionadas da Diccionaria, nova bibliosuxestión lectora deste ano, que nos fala das palabras, do seu significado, do seu uso, das connotacións pexorativas de moitas delas...

****************

1) AS ARTES: 









2) O DEPORTE:







3) OUTRAS BIBLIOSUXESTIÓNS: 







4) EXPOSICIÓN NO PARNASILLO: BIOGRAFÍAS DE MULLERES GALEGAS NO DEPORTE







5) Entradas de DICCIONARIA (Libros Cúpula) no Parnasillo:











06 marzo 2025

CIANOTIPIAS NO PARNASILLO

Dentro do tema eixo deste curso, "UN MUNDO DE ÁRBORES", o Departamento de Bioloxía organizou co seu alumnado un OBRADOIRO DE CIANOTIPIA. 

Lembraron, igualmente, a ANNA ATKINS, como a primeira botánica que transformou as algas nun obxecto artístico. Se queredes saber máis desta botánica accedede a este sitio:

https://mujeresconciencia.com/2019/04/23/anna-atkins-creativa-cientifica-del-siglo-xix-que-vinculo-la-botanica-y-la-fotografia/