16 outubro 2015

Arqueoloxía Submarina en Galicia.


  • David Fernández Abella
  University of Santiago de CompostelaHistoria IPhD Candidate & researcher
  |  
Licenciado en Historia con especialidad en Arqueología, Historia Antigua e Historia Medieval. 
Investigador doctoral del Departamento de Historia I, área de arqueología de la Universidad de Santiago de Compostela

Podedes saber máis del en:  Páxina de David Fernández Abella



Conferencia impartida polo arqueólogo David Fernández Abella para alumnado de 4º da ESO, na cal o alumnado puido ver como se desenvolven traballos neste eido. Incluía un apartado referido aos restos da Batalla de Rande.




01 xuño 2015

Acto de entrega de diplomas ao alumnado de 2º de Bacharelato

Incorporamos hoxe un enlace para amosar o acto no que entregamos as orlas e diplomas ao noso alumnado de 2º de Bach.


15 maio 2015


Con motivo da semana cultural e científica, o pasado 17 de abril alumnos de primeiro curso da ESO participaron nunha interesante actividade na biblioteca do centro relacionada co mundo animal. A idea xurde do departamento de inglés para reforzar os contidos da unidade didáctica que nese momento estaban a traballar e levala un paso máis alá, facer unha exposición oral sobre varios animais nesta lingua estranxeira.

Previa a exposición oral, un grupo de alumnos de 1º C levaron a cabo unha pequena investigación en parellas ou grupos sobre un animal e prepararon unha presentación cos datos máis relevantes sobre o mesmo. O día da exposición os compañeiros de 1ºB aprenderon algo máis sobre estes animais e despois todos xuntos colaboraron para realizar unha tarefa sobre o que se acaba de expoñer.

Con esta actividade no só se traballaron contidos específicos da materia de inglés senón tamén de ciencias da natureza e ademais aprenderon a buscar e aproveitar a información da rede, colaborar para facer un proxecto común e practicaron as destrezas orais.

Aquí tendes algunhas imaxes e mesmo un pequeno vídeo deste día. E para os que queirades acceder a información dende o blog de inglés premede na seguinte imaxe.

http://xunqueira1english.blogspot.com.es/

 

06 maio 2015

"25 anos de longametraxe en galego" con Miguel Anxo Fernández


Miguel Anxo Fernández é mestre, licenciado en Xeografía e Historia, na rama Historia da Arte, Xeografía e Historia de Galicia. Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Arte e da Música, Comunicación e Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, da Universidade de Vigo.
Ademais de dedicarse á docencia é autor de numerosas obras de historia do cine galego e de obras de ficción, así como ensaios e colaboracións en numerosas publicacións, exercendo de crítico de cine e televisión diariamente en La Voz de Galicia. Colaborador do espazo Diario cultural da Radio Galega.
É membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega e do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores da Consellería de Educación. Coordinador do programa Audiovisual nas Aulas para o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Consellería de Educación.
Director do curso de extensión universitaria que anualmente promoven a Fundación Carlos Casares e a Universidade de Vigo desde 2005.
Coordina con Anna Amorós o master class AUGAL (Audiovisual Galego) en Ciencias Sociais e da Comunicación desde 2010.
Pertence á Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión, á Academia Audiovisual Galega, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, ó Padroado do Museo do Pobo Galego e ó PEN Clube de Galicia.

25 anos de longametraxe en galego.

En 1989, entre o 23 e 26 de novembro, estreábanse en Vigo as películas Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, Continental de Xavier Villaverde e Urxa de Carlos A.L. Piñeiro e Alfredo García Pinal. 










30 abril 2015

Pedro Feijoo e "Os fillos do mar"





Pedro Feijoo (Vigo, 1975). A súa formación é filolóxica, aínda que ao longo dos últimos anos exerceu profesionalmente como músico, levando a cabo unha intensa traxectoria como produtor, compositor e membro dalgúns dos máis salientables proxectos musicais galegos. No ano 1997 publicou o seu primeiro libro, Cousas do «Galicia», por Castelao, ensaio no que se explica a importante relación do autor de Rianxo co xornal vigués que dirixiu Valentín Paz-Andrade entre os anos 1922 e 1926. No ano 2005 publicou Viva o Fu Remol! (Xerais), unha crónica desde a que se tenta botar unha pouca luz sobre os moitos problemas dos que adoece o panorama musical galego. En 2011 publicou o relato «O segredo do viaduto» no libro XII Certame Literario de relatos curtos Os Viadutos (Xerais 2012). Como novelista publicou Os fillos do mar (Xerais 2012, Premio «Arcebispo Juan de San Clemente» 2013), traducida ao castelán, e A memoria da choiva (Xerais 2013).
OS FILLOS DO MAR
Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade, nun pazo de Canido. Aos poucos días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado. Simultaneamente, a señora, xa maior, morre en estrañas circunstancias. A partir de aquí, o arquitecto vese involucrado nunha intrigante trama na que tamén parece estar envolta a familia da muller morta. Novela de aventuras, novela de intriga, escrita con ton humorístico, a acción de Os fillos do mar condúcenos detalladamente a través do Vigo de hoxe, cidade que en boa medida protagoniza tamén a novela. Ao tempo, a trama cóbrese cun atractivo pano histórico que nos conduce ata 1702, na Batalla de Rande, aínda que deixa tamén os seus elos na Guerra Civil española e nos tempos do nazismo alemán. Os fillos do mar é unha novela trepidante, que viaxa constantemente no tempo para atopar as claves dun presente que o protagonista precisa desvelar.