19 marzo 2024

PROXECTO "HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES"

Desde o martes 19 ata o xoves 21, alumnado de 3º de ESO participou na organización dos ALMORZOS SAUDABLES proxecto que consistíu por unha parte na exposición de traballos sobre alimentación no proxector da biblioteca, e por outra, na posta en práctica destes almorzos saudables na cafetería do centro. 







17 marzo 2024

DÍA INTERNACIONAL DO CÓMIC (17 DE MARZO)

Na nosa biblioteca celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO CÓMIC cunha BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA especial de NOVIDADES!! 

Cómics premiados, autores recoñecidísimos e temas moi suxestivos!! 






















11 marzo 2024

Concurso "Deseño cristaleira de Polos Creativos"

Na BIBLIOXÚN temos estes días a urna para a participación no deseño da cristaleira de POLOS CREATIVOS, con quen xa sabedes que compartimos espazo, O Parnasillo!!











10 marzo 2024

TROCA DE LIBROS no SALÓN DO LIBRO

Todos os anos, dentro do SALÓN DO LIBRO de Pontevedra (este ano entre o 1 e o 17 de marzo) celébrase a TROCA DE LIBROS, evento organizado polo IES Torrente Ballester, de Pontevedra, e no que poden participar as ANPAS e os centros que queiran

Trátase de que os rapaces e rapazas traian libros, que serán cambiados por vales, que logo levarán á troca para escoller os libros correspondentes segundo os vales que teñan. Xúntase moitísima rapazada e de verdade que gozan desta actividade observando o que cada centro ofrece nos seus postos e pensando que poderán levar para seguir gozando coa lectura en cadansúa casa. 

Nós non podiamos perdernos estar aquí neste marabilloso evento cultural imprescindible nestas datas. 




08 marzo 2024

8 DE MARZO, Día da muller


  • Bibliosuxestións lectoras: 







  • Biblioteca creativa: 
    • Pósters sobre mulleres que deixaron pegada cultural durante o século XVIII.






  • Photocall de mulleres, na biblioteca!




  • Colaboración do Dpto. de Inglés: Unha profesora, Kimberly Cooper, lectora deste ano no departamento, fala ao seu alumnado de dereitos humanos, de mulleres loitadoras, de roles de xénero e de feminismo: 





  • Ligazóns interesantes: