Os alumnos de 1º de E.S.O fixeron uns traballos sobre o mito de Apolo e Dafne para a materia de Lingua Castelá. Neste trimestre traballamos, entre outras cousas, os mitos e as lendas da antigüidade.
O mito de Apolo e Dafne ten moito que ver coas consecuencias das nosas accións, os nosos desexos e o poder de saber decidir sobre o que un quere e o que non. Dafne rexeita a Apolo, ela quere gozar dos bosques e disfrutar da vida, e este non pode aceptalo. Recordemos que non se trata de virtude contra luxuria, senón de coñecer e asumir que un NON é un NON dende o principio dos tempos. Poñámolo en práctica cada día.
Se queres buscar unha obra nesta biblioteca, se prefires a lectura dixital, se aceptas unha "bibliosuxestión" lectora ou che apetece ver as fotos das actividades e concursos que se fan aquí... BUSCA NO MENÚ DA ESQUERDA. A Biblioxún pertence á rede de Bibliotecas Escolares de Galicia desde o curso 2018-19. TEMA EIXO deste curso 2022-23: "O ESPAZO EXTERIOR: MUNDOS POR DESCUBRIR"