A QUÍMICA DETRÁS DOS EFECTOS ESPECIAIS
A industria cinematográfica evolucionou a pasos axigantados.
Os efectos especias son tódolos recursos artificiais da natureza científica, empregados para dar apariencia de realidade a certas esceas que, na súa forma mais simple, básanse na creación inmediata de recursos físicos como explosións, disparos, neve, sangue…mediante a inxeniosa aplicación da química.
Co obxetivo de promover a ciencia recreativa como fonte de coñecemento, diversión e para explicar os fundamentos químicos dos efectos especiais no cine e na televisión, realizáronse no laboratorio réplicas a escala de algúns efectos especiais clásicos.
Experimento 1: Tintas invisibles
Un exemplo típico de películas de espías é o emprego de tintas que se fan invisibles ou non, ao rociarse con un líquido determinado.
Un exemplo ilustrativo consiste en escribir con un bastoncillo mollado con zumo de limón no que se añaden unhas gotas de fenolftaleína (indicador ácido-base incoloro en medio ácido e neutro e rosa fucsia en medio básico).
Ao añadir, con un algodón unha disolución de NaOH diluido visualizase o escrito. Se seguidamente rociamos co zumo de limón a mensaxe volve a desaparecer.
Experimento 2: Neve artificial
Ainda que se prepara tamén de outros modos, unha forma de obtener neve artificial na rodaxe de películas é mediante un polímero superabsorbente de auga, como o poliacrilato de sodio.
El poliacrilato de sodio é un composto que se emplea na fabricación de pañales, polo que é fácil de obtener.
Para ver o efecto da formación da neve artificial simplemente añadimos una pequeña cantidad de agua a duas cucharadas do polímero e despois de homoxeneizar a mestura teremos a nosa neve artificial.
Experimento 3: Sangue artificial
Esta reacción séguese no cine para simular a formación de sangue por cortadoras ficticias e incluso suxeriuse que puido empregarse na rodaxe dunha escea emblemática da película Los diez mandamientos, na que a agua do Nilo transformase en sangue ao tocala.
Para a realización deste experimento depositase con un algodón unha disolución de tiocianato de potasio, ao pasar por encima un coitelo de plástico, mollado en disolución de cloruro de ferro (III), fórmase o ión complexo [Fe(SCN)(H 2 O) 5 ]2+ de cor vermella con aspecto de sangue.
Experimento 4: A venganza de Sheldon (Big Bang Theory)
Esta reacción é realizada nun capítulo da serie Big Bang Theory polo actor que da vida a Sheldon.
Para a realización do experimento añadimos nunha probeta 10 mL dunha disolución de augua oxixenada do 30% e uns 10 mL de deterxente, polo outro lado nun vaso de precipitados disolvemos unha pequena cantidade de ioduro de potasio na menor cantidade de augua posible. A continuación añádese a disolución de ioduro de potasio sobre a augua oxixenada o cal produce a descomposición da misma, que xunto co deterxente forman unha espuma amarela, debido a formación de iodo.