23 decembro 2019

FELIZ NADAL, BIBLIOLECTORES/AS!

Boas festas, feliz ano novo... 



...a BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA Nº 7...




...un conxunto de suxestións interesantísimas de Armando Requeixo, á que nos achegou a profesora Lorena de Galego...



...e xa sabedes: RELAX PARA ESTAS VACACIÓNS DE NADAL!!! 

Ilustración de Eva Armisén


19 decembro 2019

CONFERENCIA: "A vexetación arbórea en Galiza"

Ilustración de Jimmy Liao

Unha nova CONFERENCIA 
relacionada co TEMA EIXO DA BIBLIOTECA
A NATUREZA
e dirixido aos tres grupos de 1º de ESO:

"A vexetación arbórea en Galiza"
RelatorCLAUDIO QUINTILLÁN VALLEJO

Por motivos alleos a nós, non se puideron recoller fotografías do evento, que se levou a cabo na Sala de Usos Múltiples do noso centro, pero damos conta da actividade organizada polo profesor Reboredo, do Grupo de Normalización Lingüística, co que contamos no equipo de biblioteca. 

"AS CORES DO OUTONO"


Xusto antes de irse de vacacións de Nadal, apareceron estas folliñas caendo polas escaleiras do noso centro...

É un traballo feito polo alumnado de 1º de ESO, na clase de Debuxo, e guiado pola profesora Blanca, colaboradora da Biblioteca. O alumnado tiña que realizar o debuxo dunha folla (os alumnos encargáronse de buscar follas de diferentes cores, formas e tamaños) e despois mediante pinturas acuarelables dábanlle cor, intentando imitar os seus tons.


Foron os mesmos rapaces e rapazas que fixeron o cartel sobre igualdade da biblioteca. Dádesvos conta? Ide velo tamén!

Encántanos que a natureza nos chegue por todas partes!!

18 decembro 2019

XEOMETRÍA NA NATUREZA

Desde o Departamento de Matemáticas tamén se estuda a NATUREZA, que xa sabedes que é o tema eixo deste ano: 

figuras xeométricas en árbores, follas ou paneis de abellas, 
a sucesión de Fibonacci nas margaridas,  
o número áureo nas formas naturais...

INTERESANTÍSIMO!!! 

Está nos paneis do corredor das aulas de Matemáticas...












17 decembro 2019

A CÉLULA: EXPOSICIÓNS ORAIS DE TRABALLOS NA BIBLIOTECA

Desde o Departamento de Ciencias Naturais, rapaces e rapazas de 1º de ESO, continuando coa preparación de traballos para o "Mes da ciencia" (que xa sabemos que pasou, pero por motivos académicos decidíuse facer na última semana de clase -así estaban menos agobiados de tempo-) se expuxeron na biblio uns traballos moi interesantes sobre a célula.

Para este alumnado, a experiencia foi moi gratificante... As profesoras, Begoña e Clara quedaron bastante satisfeitas, e probablemente fagan máis actividades deste tipo.









16 decembro 2019

"CANECILLOS"




A seguinte actividade levouse a cabo por alumnado de 1º de Bacharelato e foi dirixido pola profesora Blanca, do Departamento de Debuxo.

Tomando como escusa os canecillos románicos, pedíase ao alumnado que utilizando o material axeitado (barro e cunhas medidas concretas -20x20 cm-) crease unha peza similar a aquelas que podemos ver nas igrexas e que teñen tan variadas representacións. O motivo para eles serían os elementos naturais, vexetais ou animais, tamén coláronse algúns seres fantásticos partindo da figura animal...

Tódolos traballos foron acompañados dunha memoria onde se vía a evolución e o proceso da figura.






NADAL, DOCE NADAL!

O Nadal invade os corredores do noso centro desde o luns, 
na última semana antes das vacacións...


LUNS: Fuxan os ventos: "A quenlla":


MARTES: Berrogüeto: "Nadal de Luintra":



MÉRCORES: Café Quijano: "Villancico altozano":


XOVES: Adeste Fideles. Christmas in Vienna, 2013:



VENRES: Mozart: "Laudate Dominum": 



VENRES: Haendel: "Aleluya":



VENRES: E, por suposto, o Coro do IES A Xunqueira I: Hallelujah... Que bonito soa!



Tamén chega á nosa biblioteca...


Un novo inquilino que apareceu o veres pasado para anunciar as vacacións!!!!


10 decembro 2019

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS (10 de decembro)

Un ano máis celebramos desde a biblioteca o DÍA DOS DEREITOS HUMANOS, esta vez poñendo énfase no LABOR DA XUVENTUDE na búsqueda do mantemento dos dereitos adquiridos e por adquirir en todo o mundo. 

Naciones Unidas proporciónanos un enlace á súa páxina web onde podedes consultar todo o que necesitedes sobre este día, as razóns da súa celebración e o particular enfoque deste ano:

https://www.un.org/es/observances/human-rights-day

Neste vídeo amósasenos que entendemos sobre os DEREITOS HUMANOS. Moi interesante!



Como sempre, na biblioteca temos preparadas novas obras relacionadas co tema dos dereitos humanos, unha nova BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA moi interesante con clásicos da literatura e con libros recén publicados para todos os cursos. Non deixedes de pasar pola biblio e coller algunha para levar en préstamo. 



















E dentro da MÚSICA que a directora do noso centro nos ofrece tódalas mañas ao entrar no instituto, están as seguintes cancións que teñen que ver cos DEREITOS HUMANOS:

Vídeo de Arturazo sobre os dereitos humanos:





Artistas unidos: "Cambiar el mundo"




Diego Torres: "Abriendo caminos":




Mercedes Sosa: "Cambia, todo cambia":


Concerto de Amnistía Internacional, 1988: "Get up, stand up", tema compuesto por Bob Marley y The Wailers:




02 decembro 2019

HEROES, HEROÍNAS E NATUREZA

Alumnas de 1º E de Bacharelato, na asignatura de LITERATURA UNIVERSAL, elaboraron uns carteis como exercicio de clase con heroes e heroínas, dos que discurriron a imaxe, os atributos, os seus puntos fortes e os febles; tamén lles crearon un pasado e mesmo algún que outro epíteto épico, como os que se atopan na Odisea de Homero. 

De todos os que se fixeron, seleccionei tres para ensinarvos aquí, xa que teñen que ver co tema eixo deste ano na biblioteca: A NATUREZA.

Añadir leyenda