Ilustración de Carolina T. Godina |
Algunas das BIBLIOSUXESTIÓNS do segundo trimestre
foron publicadas só en Instagram,
por iso recollemos aquí varios enlaces:
Se queres buscar unha obra nesta biblioteca, se prefires a lectura dixital, se aceptas unha "bibliosuxestión" lectora ou che apetece ver as fotos das actividades e concursos que se fan aquí... BUSCA NO MENÚ DA ESQUERDA. A Biblioxún pertence á rede de Bibliotecas Escolares de Galicia desde o curso 2018-19. TEMA EIXO deste curso 2024-25: "UN MUNDO DE ÁRBORES"
O último día de clase antes do descanso de Semana Santa, entregamos os premios da segunda edición dos XOGOS FLORAIS DO IES A XUNQUEIRA I, no que ademais de premiar a creatividade poética do alumnado, asistimos a unha nova lectura de poesía, que outra vez volveu encher a nosa biblioteca de versos a carón do Rumoroso...
Carmen, Imanel, Sandra, María, Beatriz e Alba foron os gañadores e ganadoras deste concurso de primavera.
Noraboa!!!
Nunca deixedes de escribir poesía, por favor!
As mulleres que len son perigosas? As mulleres que escriben son perigosas?? Non! Necesitamos delas con urxencia!! |
Carmen |
Imanel |
Sandra (e mais eu, coa boa da biblio!) |
Ainoa, que le o poema de María (á que lle deu un ataque de vergoña!!) |
Beatriz |
Alba |
Os textos gañadores e algúns dos premios recibidos! |
|
A partir do día 22 ata o día de vacacións foi a semana da Poesía no noso centro e, como non podía ser doutra forma, estivemos a ler poemas na nosa @biblioxun...
... esta vez arredor dunha árbore especial que naceu o DÍA MUNDIAL DA POESÍA, o 21 de marzo, e á que lle puxemos por nome O RUMOROSO!!!
Nas fotos seguintes veredes a cantidade de lecturas que se xeraron esta semana, a presenza dos creadores da árbore, cuxo nome está colgado nunha das súas polas, e mesmo a colaboración especial dun grupo de antigos alumnos e alumnas que decidiron vir visitarnos eses días..
Por suposto, a actividade vinculouse á correspondente BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA, que xa sabedes que este ano non ten versión en papel...
A pizarra magnética na porta da nosa biblioteca! |
O cartel de "O Rumoroso" elaborado por Ainoa, unha alumna de 1º de Bacharelato de Artes |
Estes son o creador e creadora da nosa árbore "O rumoroso", feita de cartón, papel de periódico, ramas de árboles... PRECIOSO! |
BIBLIOSUXESTIÓN! Unha selección de poesía actual a carón do Rumoroso! |
Ao fondo, Blanca, a profesora de Debuxo que foi a promotora desta bonita actividade de poesía! Grazas, Blanca! |
Alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato que viñeron ler poemas xunto ao Rumoroso... |
Hoxe celebramos o
Día Mundial da Poesía (21 de marzo).
Alumnado de 2º de bacharelato deléitanos coa lectura de poemas
das tres décadas posteriores á guerra civil española.
Gozade deles!!!