Ilustradora: Claire Fletcher |
A profesora Carlota, de Francés, parte integrante do grupo de biblioteca, veu de realizar durante todo este ano as seguintes actividades:
- 1º ESO: Creación colectiva, dentro da temática da mitoloxía dun "lutin/ lutine"
(trasno, elfo) entre a primeira e a segunda avaliación. Na terceira
avaliación, creación do seu propio trasno. O mellor recibe un premio.
- 2º ESO: Bookface: o alumnado foi un día a biblioteca e escolleu un libro pola súa portada. A tarefa consiste en mimetizarse coa portada, facer unha descripción e gravarse. Os mellores reciben un premio.
- 3º ESO: Co lema "chaque jour c´est 8 mars" o alumnado creou lemas e frases que foron gravadas para logo ser escoitadas, a través de códigos QR, polos corredores do centro.