Como se intercalou o tema eixo deste ano na biblioteca, PUBLICIDADE E COMUNICACIÓN, na materia de Francés?
A profesora Carlota contouno desta maneira:
1º ESO:
"Maison du monde, soyez fous, soyez vous!":
Esta actividade pensouse para introducir o vocabulario das cores. O alumnado tivo que buscar as cores que aparecían na publicidade e logo atopar a súa tradución en francés na pizarra ou co traductor nos ordenadores.
"Poisson d'avril":
O "Poisson d'avril", como o "Pesce d'aprile" ou o "April Fool's Day", pódese traducir como o día das bromas de abril ou o día dos inocentes de abril, e é un día, o 1 de abril, adicado ás bromas. Celébrase en Polonia, Francia, Finlandia, Austria, Australia, Alemania, Italia, Bélgica, Reino Unido, e por tradición británica tamén en Menorca, Galicia, etc.
O traballo na aula, relacionado con esta celebración, consistíu en proxectar dúas publicidades, neste caso de Lego e Pringles, con productos inventados, ao xeito da imaxe que segue:
A partir destas publicidades, o alumnado creou novos obxectos de clase cunhas funcións diferentes.
2º ESO:
"Mixité des métiers","Mix´sPics":
Aproveitouse a publicidade de televisión para falar das profesións e da paridade no traballo.
"Comme une fille":
No Día da muller e a partir do seguinte vídeo (https://youtu.be/Fu_FyaIGhyQ) fixeron unha comparativa sobre que é ser como un rapaz e que é ser como unha rapaza.
"Piso alquilado no centro de París":
A partir da seguinte ligazón (ikea.fr) o alumnado buscou, cun presuposto, amoblar o piso alquilado no centro de París (aloueravendre.fr).
"A moda, a roupa":
O alumnado escolleu a páxina que prefería (sempre acabada en .fr) e por parellas falaron dunha tendencia de moda deste verán.
"O concepto de venda":
Traballouse con dúas publicidades de máquinas de lavar e o seu concepto de venda.