18 decembro 2023

NOVIDADES E BIBLIOSUXESTIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2023!!

Aí vos van as novidades fresquiñas para que aproveitedes o Nadal gozando da lectura. 

Xa sabedes, ofrecemos obras de varios xéneros, de temáticas diversas e moitas de candente actualidade, curtiñas e para renovar á volta, premios literarios, clásicos e modernos. 

De todo temos na Biblioxún! 


BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO 2024!!



QUE BONITIÑO O NOSO APALPADOR!! 
Por certo, grazas aos membros da ANPA
por axudarnos a decorar unha vez máis a nosa biblioteca!
















 

11 decembro 2023

A LAS OLVIDADAS

Desde o Departamento de Lingua castelá e Literatura, e grazas á profesora Cristina Corral, participouse nun interesante proxecto que promove unha ONG, Teta e teta, que suxire enviar un pequeno paquete con libros, neste caso pertencentes aos fondos da Biblioxún, á súa central de Madrid para que sexan doados ás bibliotecas dos cárceres de mulleres de España. Estes libros teñen que conter obrigatoriamente unha dedicatoria, que aproxime as nosas boas intencións e as nosas ganas de compartir o desfrute da lectura con todas elas. 

Contribuimos entre todos a visibilizar a estas mulleres e a comprender que tamén elas teñen ganas de acceder ao coñecemento e o desfrute que proporciona a lectura.

Encantounos a idea e así o fixemos!


















22 novembro 2023

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER


Este ano a biblioteca do IES A Xunqueira I ten un lema para conmemorar este DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, que é

ROMPE O SILENCIO.

Con tal motivo unha serie de actividades buscan alzar a voz para incidir no feito de que a violencia non é a solución a ningún problema, de que a violencia non debe anteporse á comunicación ou ao respecto polo outro e, sobre todo, de que a violencia non pode ser o medio de atacar ás mulleres só polo feito de selo. As actividades das que falamos son as seguintes:

1) CHARLA DA POLICÍA NACIONAL sobre a VIOLENCIA MACHISTA a alumnado de 4º de ESO:






2) BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA E MENSAXES NA ÁRBORE DA BIBLIOXÚN, O RUMOROSO:
















3) COLABORACIÓN DE POLOS CREATIVOS PARA CREAR COA CORTADORA LÁSER OS PUÑOS COA MENSAXE DESTE ANO:

Os puños foron pegados nas portas de todas as clases do centro!



4) COLABORACIÓN DO DEPARTAMENTO DE DEBUXO...








5) COLABORACIÓN DO DEPARTAMENTO DE GALEGO (PLAN DE IGUALDADE):

Alumnado de 1º de ESO, 3º de ESO e 1º de Bacharelato (Literatura Universal), coordinado polas profesoras Mercedes e Raquel, do Departamento de Galego, levou a cabo un traballo de creación literaria: HAIKUS CONTRA A VIOLENCIA. As composicións foron expostas nas cortizas do corredor do centro para toda a comunidade escolar: 














6) VÍDEOS PARA VER NA CLASE ESTES DÍAS.

Estes vídeos xa os puxeramos o ano pasado, pero non pasan de moda e son perfectos para tratar nas horas de titoría. Tratan sobre as posibles violencias dentro das relacións adolescentes:


E o seguinte vídeo é sobre o consentimento nas relacións sexuais que foi mostrado na charla impartida polo policía da que falabamos máis arriba:




7) ENLACES DE INTERESE:

DELEGACIÓN DE GOBERNO DE ESPAÑA: 

NACIÓNS UNIDAS: 

MANOS UNIDAS: 

ONU MULLERES: 

AMNISTÍA INTERNACIONAL: