- IV XOGOS FLORAIS DO IES A XUNQUEIRA I. ENTREGA DE PREMIOS (24/3/23)
Presentación
O Día Mundial da Poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, conmemora unha das formas máis prezadas da expresión da identidade lingüística da humanidade. A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador de diálogo e de paz. A UNESCO adoptou por primeira vez o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía durante a súa 30ª Conferencia Xeral, en París en 1999, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e de fomentar a visibilización daquelas linguas que se atopan en perigo. O Día Mundial da Poesía é unha ocasión para louvar aos poetas, revivir tradicións orais de recitais de poesía, e promover a lectura, a escritura e o ensino deste xénero. A medida que a poesía continúa unindo persoas en todos os continentes, todos están invitados a unirse. www.unesco.org
Así pois, hoxe unímonos aquí na biblioteca para celebrar o Día Mundial da Poesía, que foi o pasado mércores desta semana, e queremos compartir con vós o nome e a pequena obra de arte en verso destes magníficos poetas que temos no centro. Darémoslles o seu ben merecido premio e gozaremos da súa lectura no conseguinte recital, que vos parece? Antes de nada, noraboa aos premiados e premiadas!
Gañadores e gañadoras
NA MODALIDADE DE 1º/2º DE ESO, en lingua GALEGA: Iago Abreu (2º B)
NA MODALIDADE DE 1º/2º DE ESO, en lingua CASTELÁ: Hugo Vuelta (2º B)
NA MODALIDADE DE 3º/4º DE ESO, en lingua GALEGA: Sara Graña (3º A)
NA MODALIDADE DE 3º/4º DE ESO, en lingua CASTELÁ: David Portos (4º C)
A MODALIDADE DE BACHARELATO quedou deserta, polo que o equipo de biblioteca decidíu seleccionar excepcionalmente dous poemas máis. Os dous poemas pertencerían á MODALIDADE DE 3º/4º DA ESO e os dous están en lingua GALEGA: Os gañadores son Sabela Porto (3º A) e Marcos Espiña (3º A).
Iago Abreu Hugo Vuelta Sara Graña David Portos Sabela Porto Marcos Espiña ..................................................