31 outubro 2023

NOITE DE DEFUNTOS NA BIBLIOXÚN!!

A NOITE DE DEFUNTOS foi celebrada na nosa biblioteca grazas a participación de dous profesores, e o seu alumnado, por suposto, que forman parte do grupo de biblioteca: Cristina, de Lingua castelá e Literatura, e Gabino, de Inglés. Ambos organizaron sendas actividades que comezaron nas súas respectivas aulas e remataron cunha máis que sonsiderable participación do alumnado de todo o centro. As actividades foron as seguintes:

  • CONCURSO DE EPITAFIOS:
O alumnado participou inventando e escribindo en cadansúa lápida un epitafio. Houbo epitafios de todo tipo:, filosóficos, nostálxicos, mesmo graciosos e inxeniosos. Púxose unha urna-lápida na biblioteca e así participou o alumnado que quixo e as súas frases foron expostas no corredor do centro, nunha especie de cemiterio que decoraron membros da AMPA. Seleccionáronse os tres mellores e gañaron un premio que foi entregado o martes 31 na bibloteca. Estaba ateigada de rapazada, como veredes!!








  • CONCURSO DE CARTEIS DE PELÍCULAS DE MEDO: Alumnado de 4º e 1º de Bacharelato elaborou unha serie de carteis de películas de medo, escritas en inglés, que incluían a información sobre a película, un código qr co trailer da película e, por suposto, un deseño atractivo para dito cartel. Expuxéronse todos no Parnasillo. Elaborouse un cuestionario de Google para que todo o que quixera no centro os puidese votar. O equipo con máis votos gañaría tres entradas de cine para ver a peli de medo que máis lles apetecese esa fin de semana, e finalmente faríase un sorteo entre os participantes no concurso para levar tamén un pequeno agasallo. Ambos premios foron dados o mesmo día 31 na biblioteca. Foi todo un éxito!!











  • BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA: Por suposto, a bibliosuxestión lectora non podía faltar nesta celebración. As lecturas, coma sempre, variadas e seleccionadas para todos os gustos e as idades, pero sempre con contido TERRORÍFICOOOOOOO:

         

















  • DECORACIÓN DA AMPA!! QUE MEDO TODOOOOOOO!!!








18 outubro 2023

DÍA DAS ESCRITORAS (16 DE OUTUBRO)





Con motivo da celebración o pasado luns 16 de outubro do DÍA DAS ESCRITORAS, alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato organizou un RECITAL DE MÚSICA E POESÍA do que tedes mostra nos vídeos que de seguido vos amosamos.

O alumnado de 4º de ESO deleitounos con fermosísimos poemas de autoras da literatura galega, castelá, inglesa e polaca. A súa dicción, o recitado, e sobre todo a disposición destes rapaces e rapazas para querer facelo o mellor posible é digno de admirar. 

A parte musical estivo a cargo de dous alumnos de 1º de Bacharelato, que nos deixaron a todos abraiados coas súas interpretacións musicais. O acordeón de Abel quedaba perfecto para introducir a poesía e crear ambientación; a guitarra e a voz de Miguel foron os que pecharon este momento máxico na biblioteca.

¡Moitas grazas a todos por estes pequenos momentos de emoción!

Abel Oliveira en el acordeón.

Abel Oliveira

Le Sara Graña. 
Introducción.
Poema de Ledicia Costas, 
"En Ultraluz habitan mulleres voadoras"

Le Sara Graña.
Poema de Ledicia Costas, 
"Adoro os campos cando ninguén corta a herba"

Le Belem Fraguas.
Poema de Emily Dickinson, 
"Como los niños dan al invitado las buenas noches"

Le Sabela Porto.
Poema de Tamara Andrés,
"Amar non é pronunciar"

Le Sara Louro.
Poema de Tamara Andrés, 
"Ela pousou a súa ollada sobre min"

Le Hugo Vicente.
Poema de Paula Carballeira, 
"Dor"

Le Uxía Santiago.
Poema de Wislawa Szymborska,
"Regresos"

Le Marcos Hermida.
Poema de Berta Dávila,
"E non podías irte"

Le Sara Prieto.
Poema de María Reimóndez,
"A mocidade está"

Le Shaila Cirisola.
Poema de Yolanda Castaño,
"Ollos pechados de máis"

Le Elba Morales.
Epílogo.

Miguel Pérez, guitarra e voz.

Miguel Pérez

  • Outras ligazóns de interese relacionadas con este día son as seguintes: 


08 outubro 2023

DÍA INTERNACIONAL DA DISLEXIA (8 DE OUTUBRO)

A biblioteca non é allea a esta celebración. 
E xa que o centro recibíu a formación correspondente neste tema, 
que menos que dispuxera dalgúns materiais 
para facilitar a aprendizaxe a rapaces e rapaces con dislexia.