A NOITE DE DEFUNTOS foi celebrada na nosa biblioteca grazas a participación de dous profesores, e o seu alumnado, por suposto, que forman parte do grupo de biblioteca: Cristina, de Lingua castelá e Literatura, e Gabino, de Inglés. Ambos organizaron sendas actividades que comezaron nas súas respectivas aulas e remataron cunha máis que sonsiderable participación do alumnado de todo o centro. As actividades foron as seguintes:
- CONCURSO DE EPITAFIOS:
- CONCURSO DE CARTEIS DE PELÍCULAS DE MEDO: Alumnado de 4º e 1º de Bacharelato elaborou unha serie de carteis de películas de medo, escritas en inglés, que incluían a información sobre a película, un código qr co trailer da película e, por suposto, un deseño atractivo para dito cartel. Expuxéronse todos no Parnasillo. Elaborouse un cuestionario de Google para que todo o que quixera no centro os puidese votar. O equipo con máis votos gañaría tres entradas de cine para ver a peli de medo que máis lles apetecese esa fin de semana, e finalmente faríase un sorteo entre os participantes no concurso para levar tamén un pequeno agasallo. Ambos premios foron dados o mesmo día 31 na biblioteca. Foi todo un éxito!!
- BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA: Por suposto, a bibliosuxestión lectora non podía faltar nesta celebración. As lecturas, coma sempre, variadas e seleccionadas para todos os gustos e as idades, pero sempre con contido TERRORÍFICOOOOOOO: