Como cada ano a principios de curso, formamos ao alumnado de 1º de ESO para o bo uso da biblioteca escolar.
A novidade deste ano é que cada un deles trouxo á biblioteca o seu ordenador portátil (EDIXGAL) e así o alumnado accedeu in situ ao blog da biblioteca, ao catálogo Koha, á biblioteca dixital ELBE.2 e a outros sitios que poden ser do seu interese durante o curso.
A continuación unha mostra dunha das sesións de formación de usuarios/as: