18 decembro 2023

NOVIDADES E BIBLIOSUXESTIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2023!!

Aí vos van as novidades fresquiñas para que aproveitedes o Nadal gozando da lectura. 

Xa sabedes, ofrecemos obras de varios xéneros, de temáticas diversas e moitas de candente actualidade, curtiñas e para renovar á volta, premios literarios, clásicos e modernos. 

De todo temos na Biblioxún! 


BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO 2024!!



QUE BONITIÑO O NOSO APALPADOR!! 
Por certo, grazas aos membros da ANPA
por axudarnos a decorar unha vez máis a nosa biblioteca!
















 

11 decembro 2023

A LAS OLVIDADAS

Desde o Departamento de Lingua castelá e Literatura, e grazas á profesora Cristina Corral, participouse nun interesante proxecto que promove unha ONG, Teta e teta, que suxire enviar un pequeno paquete con libros, neste caso pertencentes aos fondos da Biblioxún, á súa central de Madrid para que sexan doados ás bibliotecas dos cárceres de mulleres de España. Estes libros teñen que conter obrigatoriamente unha dedicatoria, que aproxime as nosas boas intencións e as nosas ganas de compartir o desfrute da lectura con todas elas. 

Contribuimos entre todos a visibilizar a estas mulleres e a comprender que tamén elas teñen ganas de acceder ao coñecemento e o desfrute que proporciona a lectura.

Encantounos a idea e así o fixemos!