Se queres buscar unha obra nesta biblioteca, se prefires a lectura dixital, se aceptas unha "bibliosuxestión" lectora ou che apetece ver as fotos das actividades e concursos que se fan aquí... BUSCA NO MENÚ DA ESQUERDA. A Biblioxún pertence á rede de Bibliotecas Escolares de Galicia desde o curso 2018-19. TEMA EIXO deste curso 2024-25: "UN MUNDO DE ÁRBORES"
28 abril 2025
RADIO NA BIBLIO: VISITA DE ARTUR TRILLO ... "NON DRAMATICES... OU SI"
PINTANDO ÁRBORES NA TERRAZA DA BIBLIOXÚN!
Alumnado de 1º de Bacharelato, en plena actividade, amosa as súas artísticas creacións na TERRAZA DA BIBLIOXÚN.
Estamos encantados/as de que a profesora Blanca e o seu alumnado participara no equipo da biblioteca, no desenvolvemento do tema eixo "UN MUNDO DE ÁRBORES" e dera vida ás paredes brancas da terraza, que, pouquiño a pouco, vai collendo cor para desfrute de toda a comunidade escolar.
Noraboa, artistas!!
23 abril 2025
DÍA DO LIBRO
Este ano non houbo moito tempo para celebrarmos como tal o DÍA DO LIBRO, porque a Semana Santa caeu algo tarde, de todos o xeitos xa sabedes que os libros celebrámolos todos os días na nosa biblioteca e fomentamos a lectura por canto recuncho hai.
Para celebralo, pois, recollimos obras de interese que reflexionaran e fomentaran o pracer e as vantaxes de ler, novelas sobre bibliotecas, librerías e mesmo animais lectores!
As mesiñas cuquis da nosa Biblioxún enchéronse de libros e tamén deixamos un espazo en cada unha delas para recoller as vosas recomendacións lectoras...
Para finalizar, por suposto, no panel do Parnasillo manifestamos a nosa especial mención e recoñecemento ao PREMIO CERVANTES do 2024, ÁLVARO POMBO.
![]() |
Alá no fondo, unha colaboradora moi especial na bibloteca: CARLOTA ÁLVAREZ, alumna que estivo este ano desenvolvendo as prácticas do MÁSTER DE PROFESORADO no Departamento de Lingua Castelá. |
15 abril 2025
O TENDAL DOS ANIVERSARIOS
Coma todos os anos, na nosa Biblioxún, tendemos a roupa e penduramos do tendal as imaxes dalgúns autores e autoras que este ano 2025 celebran o seu aniversario de nacemento ou falecemento.
Con tal motivo, podedes ler poemas ou fragmentos narrativos que teñen que ver coas árbores, buscando a relación co tema eixo deste ano na biblioteca, "UN MUNDO DE ÁRBORES".
Podedes ver un vídeo nesta ligazón de Instagram: https://www.instagram.com/p/DI5vz4WMoNu/