23 abril 2025

DÍA DO LIBRO

Este ano non houbo moito tempo para celebrarmos como tal o DÍA DO LIBRO, porque a Semana Santa caeu algo tarde, de todos o xeitos xa sabedes que os libros celebrámolos todos os días na nosa biblioteca e fomentamos a lectura por canto recuncho hai. 

Para celebralo, pois, recollimos obras de interese que reflexionaran e fomentaran o pracer e as vantaxes de ler, novelas sobre bibliotecas, librerías e mesmo animais lectores! 

As mesiñas cuquis da nosa Biblioxún enchéronse de libros e tamén deixamos un espazo en cada unha delas para recoller as vosas recomendacións lectoras...

Para finalizar, por suposto, no panel do Parnasillo manifestamos a nosa especial mención e recoñecemento ao PREMIO CERVANTES do 2024, ÁLVARO POMBO. 








Alá no fondo, unha colaboradora moi especial na bibloteca:
CARLOTA ÁLVAREZ, alumna que estivo este ano desenvolvendo
as prácticas do MÁSTER DE PROFESORADO no Departamento de Lingua Castelá.