21 marzo 2019

DÍA MUNDIAL DA POESÍA (21 de marzo)


Hoxe temos as seguintes actividades.

Coa actividade que organizou a profesora Blanca, de Debuxo"Le, colle e comparte", mirade que bonito quedou o instituto!!!!


O DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ SEGUE A SER "DIVERSA"...

AS PORTAS DAS AULAS DE LINGUA CASTELÁ MÁIS LITERARIAS CA NUNCA!

APAGAMOS TRISTURAS, ACENDEMOS POESÍAS....

CARTEIS PROFANOS CON FERMOSOS VERSOS

UNHA FIESTRA Á POESÍA

NO NOSO INSTITUTO AMAMOS A POESÍA!!!

UN POEMA DE ALTA TENSIÓN!
A NOSA SOPA DE LETRAS ENCHEUSE DE POEMAS INTRUSOS! ENCANTOUNOS!


A BIBLIOTECA NUNCA ESTIVO TAN BEN ADORNADA...

17 marzo 2019

EXPOSICIÓN NO PARNASILLO

É esta unha exposición gráfica de ilustracións de diversos artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade, e vén acompañada dun obrador práctico explicativo da mostra no mesmo lugar da exposición, que en este caso é o Parnasillo

Forma parte do Plan Proxecta do noso centro e a coordinadora deste proxecto é a profesora Lidia, de Xeografía e Historia.

Con esta exposición, a Secretaría Xeral de Igualdade pretende establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relación de parella e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas. 

A orixe da mostra partíu da proposta da súa commisaria, Gemma Sera, a varios debuxantes galegos e nacionais  para plasmar nunha imaxe situacións ou momentos que considerasen como violentos entre adolescentes, co obxectivo de pór de manifesto a necesidade de mudar esas actitudes por outras nas que prime o respecto á parella. 

Podedes visitar esta exposición no Parnasillo durante bastante tempo, aproveitade!!
























08 marzo 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 de marzo)

---O Día Internacional da Muller é unha data que se celebra en moitos países do mundo. 
Cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferencias étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu día, poden contemplar unha tradición de non menos de noventa anos de loita en pro da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

Este día refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afonda nas suas raíces na loita plurisecular da muller por participar en pé de igualdade co home. Na antiga Grecia, Lísístrata comezou unha folga sexual contra os homes para pór fin á guerra; na Revolución Francesa, as parisinas que pedían liberdade, igualdade e fraternidade, marcharon cara Versalles para esixir o sufraxio feminino.

A idea dun día internacional da muller surdiu ao final do século XIX, que foi, no mundo industrializado, un periodo de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais.

A Carta das Nacións Unidas, firmada en 1945, foi o primeiro acordo internacional para afirmar o principio de igualdade entre mulleres e homes. Desde ese momento, a ONU axudou a crear un legado histórico de estratexias, normas, programas e obxectivos acordados internacionalmente para mellorar a condición das mulleres en todo o mundo.

Cos anos, a ONU e os seus organismos técnicos promoveron a participación das mulleres en condicións de igualdade cos homes no logro do desenvolvemento sostible, a paz, a seguridade e o pleno respeto dos dereitos humanos. O empoderamento da muller segue a ser un elemento central dos esforzos da Organización para facer fronte aos desafíos sociais, económicos e políticos en todo o mundo.

(Extraído de http://www.un.org/es/events/womensday/history.shtml)
****************************************
---Nós, desde a BIBLIOTECA DO IES A XUNQUEIRA I, tamén queremos celebrar o día das mulleres, porque son moitos os rapaces e as rapazas que entenden a importancia desta celebración; mulleres son a maior parte dos cargos directivos este ano no noso centro; muller é a coordinadora da biblioteca, que son eu; mulleres son a maior parte do equipo principal de biblioteca... Porque chegamos a onde chegamos e pola labor inestimábel das mulleres da nosa familia, celebramos este día...















---Na biblioteca volvemos facer unha das nosas PORTAS REIVINDICATIVAS:






Xa vos dixeramos que iamos celebrar o Día de Rosalía xunto co Día Internacional da Muller, porque na cultura galega temos nós a nosa SUPERMULLER particular, Rosalía de Castro e porque representa unha grande parte das nosas reivindicacións do pasado e do presente (http://biblioxun.blogspot.com/2019/02/dia-de-rosalia-24-de-febreiro.html).

Por suposto non quixemos olvidar o cartel que o Concello de Pontevedra presentou para celebra o día, no que aparece un dos personaxes máis auténticos, reivindicativos e representativos da muller "brava" galega, valente, pouco impresionable, que nesta ocasión se pon o traxe de heroína galega, en bata e cun pano na cabeza, para desbrozar o machismo: a Dora, de Luis Davila. 


---Como non podía ser doutro xeito, aquí está a nosa MESA DE RECOMENDACIÓNS E NOVIDADES en literatura, esta vez para tódolos gustos e moitas asignaturas: literatura española e universal, literatura galega, novela ilustrada, cómic, ensaio, literatura latina, historia, educación física, filosofía, obra divulgativa sobre o feminismo, historia... ¡Fixádevos nos títulos!





---O noso ITINERARIO LECTOR Nº 9 , por tanto componse dos seguintes títulos:





---E agora, por suposto, a nosa lectura de POEMAS DA NOSA SUPERMULLER ROSALÍA!!!!


Grazas aos profesores e profesoras de Galego, Laureano, María e Mar, ao profesor de música, Miguel, e aos rapaces e rapazas de ESO e Bacharelato que recitaron e tocaron estupendísimamente... Grazas a todos por colaborar coa vosa biblioteca!!! Encantoume celebrar así este día!!
---Temos, igualmente, un enlace para profesores e profesoras: 15 RECURSOS PARA TRABAJAR EL DÍA DE LA MUJER EN EL AULA:

---Non olvidemos, por favor, as nosas mulleres da sección O AUTOR/A DO MES:
Irmáns Brönte:
Jane Eire:


---Agora, algo de MÚSICA...

Ses: Non son fada nin princesa



Rozalén: Las hadas existen.



De Vacas: Rexurdimente.


Rozalén y Marwan: Conviene saber.


Rosalía: Malamente.


Ana Belén: Mujer valiente (letra de Rozalén).



Bebe: Ella.


Chambao: Hoy puede ser un gran día (letra de Serrat).

07 marzo 2019

O CINE E AS VIAXES


Hoxe 7 de marzo, varios alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato foron ver dúas películas, As viaxes de Gulliver e O último Mohicano, baseadas en dúas obras famosísimas da literatura universal inglesa. Foron ao Pazo da Cultura e, por suposto, víronnas en inglés e con subtítulos. Magnífica experiencia!

Por certo, lembrades os carteis anunciadores deste evento? Se non é así, pinchade neste enlace á entrada de días pasados: http://biblioxun.blogspot.com/2019/02/carteis-de-cine-e-viaxe.html

02 marzo 2019

NOVIDADES NOS ESTANTES DA BIBLIO



Libros novos e outros que se adquiriron hai meses, pero que temos que chamar a atención sobre eles!

Fixádevos nos libros de narrativa e poesía galega, os cómics, as novelas ilustradas, novidades en literatura xuvenil, obras para traballar en clase coa mitoloxía, algún libro de ciencia, de todo!!!

Non deixamos de lado a temática de viaxes: fixádevos que a carón da mesa de xestión da biblio, podedes consultar e mesmo levar fermosísimos libros de fotografía e de tipo divulgativo moi interesantes!

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!!! Mirade que monográfico editou Sermos Galiza!!!

01 marzo 2019

CONTO DO MES DE MARZO. EMILIA PARDO BAZÁN: "El encaje roto".


MES DE MARZO

EMILIA PARDO BAZÁN

"EL ENCAJE ROTO"

PULSA NA IMAXE E LE O CONTO QUE RECOMENDA O PROFESOR RAMOS!