27 xaneiro 2026

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ, DÍA DA CONMEMORACIÓN DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO

BIBLIOSUXESTIÓNS lectoras, POMBIÑAS PARA A PAZ feitas por alumnado de 1º e 2º de ESO nas horas de titoría, OBRADOIRO DE KIRIGAMI na Biblioteca e CARTEIS reivindicativos (Biblioteca creativa) nos corredores e no exterior do centro. 

Xenocidios, guerras, ditaduras, holocaustos,
xenofobia, desigualdades sociais...
Historia das inxustizas (diversos xéneros, 















Obradoiro de Kirigami

Pombiñas da paz




Carteis reivindicativos de NON Á GUERRA











26 xaneiro 2026

COMEZA A HORA DE LER!!

Comeza a HORA DE LER no centro e a Biblioteca ofrece as súas CESTIÑAS cunha nova selección de obras para 1º e 2º de ESO. 

E



12 xaneiro 2026

PROXECTO COMPETENCIAL: Colaboración coa biblioteca

Alumnado de 4º de ESO, na materia de Proxecto Competencial, colaborou coa Biblioteca na elaboración de material de uso e difusión para toda a comunidade educativa. Neste caso crearon, a partir do plan de celebración de efemérides de todo o ano, uns trípticos que serviron para difundir esta información a todo o centro. 

O profesor que guiou este proxecto e que acompañou ao alumnado durante moitas sesións nos ordenadores da biblioteca foi Joaquín, de Debuxo. 

O resultado foi este...




18 decembro 2025

De cando en vez, na Biblioxún...

 

Alumnado de 4º de ESO xogando ao Trivial nunha hora libre...

Alumnado de 1º de ESO xogando ao Xadrez durante unha hora libre...


15 decembro 2025

Pequenos recunchos, lecturas especiais...

 

Biblosuxestión lectotra: A música

A música como bibliosuxestión lectora

Estante de lectura adaptada ás distintas necesidades...


08 decembro 2025

BIBLIOSUXESTIÓN DE NADAL: OBRAS LITERARIAS + VERSIÓNS FÍLMICAS

Coma todos os anos, O Apalpador da Biblioxún tráenos BIBLIOSUXESTIÓNS LECTORAS coma as seguintes. 

Este ano combinamos a obra literaria cunha versión cinematográfica das que temos na nosa VIDEOTECA da Radio.

Fixádevos!!

O Apalpador por Pontevedra adiante!!


























 

01 decembro 2025

EXPOSICIÓN "DE EVA A MARUXA"




A exposición De Eva a Maruxa, un percorrido pola Historia da Arte con perspectiva feminista foi auspiciada polo Consello Municipal da Muller Nova do Concello de Pontevedra e realizada integramente, tanto no deseño e produción coma nos contidos, por alumnado e profesorado de centros de secundaria do municipio, e O Garaxe Hermético. A exposición amosa as conclusións do traballo realizado durante o curso 2025 nas aulas para verter sobre a arte unha ollada igualitaria. 

Faino a través de 24 paneis, 12 xogos interactivos e outras estruturas complementarias que fan un percorrido pola relación das mulleres coas distintas formas de expresión da arte plástica, tanto desde a perspectiva de creadas como desde a de creadoras. 

En De Eva a Maruxa están representadas 225 mulleres artistas e 142 cadros, 112 delas e o resto incluídos para reflectir como foron retratadas ao longo da historia, sen contar coa versión en tamaño XXL de As dúas Fridas, 

Os centros que participaron no deseño dos contidos da mostra con CPR Sagrado Corazón de Praceres, IES A Xunqueira I, IES Sánchez Cantón, IES Valle Inclán, CIFP Montecelo, IES A Xunqueira II, IES Torrente Ballester, IES Luís Seoane, IES Frei Martín Sarmiento e CIFP A Xunqueira.