A exposición De Eva a Maruxa, un percorrido pola Historia da Arte con perspectiva feminista foi auspiciada polo Consello Municipal da Muller Nova do Concello de Pontevedra e realizada integramente, tanto no deseño e produción coma nos contidos, por alumnado e profesorado de centros de secundaria do municipio, e O Garaxe Hermético. A exposición amosa as conclusións do traballo realizado durante o curso 2025 nas aulas para verter sobre a arte unha ollada igualitaria.
Faino a través de 24 paneis, 12 xogos interactivos e outras estruturas complementarias que fan un percorrido pola relación das mulleres coas distintas formas de expresión da arte plástica, tanto desde a perspectiva de creadas como desde a de creadoras.
En De Eva a Maruxa están representadas 225 mulleres artistas e 142 cadros, 112 delas e o resto incluídos para reflectir como foron retratadas ao longo da historia, sen contar coa versión en tamaño XXL de As dúas Fridas,
Os centros que participaron no deseño dos contidos da mostra con CPR Sagrado Corazón de Praceres, IES A Xunqueira I, IES Sánchez Cantón, IES Valle Inclán, CIFP Montecelo, IES A Xunqueira II, IES Torrente Ballester, IES Luís Seoane, IES Frei Martín Sarmiento e CIFP A Xunqueira.