13 febreiro 2019

DÍA MUNDIAL DA RADIO (13 de febreiro)


A radio segue sendo o medio de comunicación mis dinámico, reactivo e atractivo que existe, ao tempo que se vai adaptando aos cambios do século XXI e oferecendo novas formas de interacción e participación. Ante o perigo de que as redes sociais e a fragmentación do público nos agrupen en "burbullas" informativas formadas únicamente por persoas afíns, a radio figura nunha posición única para unir a comunidades diversas e fomentar o diálogo positivo e o cambio.
A radio infórmanos e transfórmanos a través do entretemento, a información e a participación do público. Cando se ten unha radio, nunca se está só e sempre se corta coa compaña dunha boa amiga.
O Día Mundial da Radio é un bo momento para que as persoas de todo o mundo celebren a radio e como este medio de comunicación da forma ás cosas vidas. A radio é o medio perfecto para contrarrestar os chamamentos á violencia e a propagación de conflitos, especialmente las rexións potencialmente máis expostas a tales realidades.
Sobre esta base, o Día Mundial da Radio en 2019 celebra o tema "Diálogo, tolerancia e paz". Ao proporcionar unha plataforma para o diálogo e o debate democrático sobre temas de actualidade, como a migración ou a violencia contra as mulleres, a radio pode axudar a sensibilizar e difundir novas perspectivas positivas. Asimesmo, a radio pode axudar a difundir a tolerancia e superar as diferenzas para reunir ás persoas arredor de obxectivos e causas comúns, como o dereito á educación e a saúde para todos.

Nós, no centro, e por tanto na biblioteca, posto que temos un enlace directo no noso blog (xa sabedes, no menú da dereita), tamén queremos participar neste día lembrando o traballo que durante estes meses estiveron levando a cabo alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO na RADIO:

O tema que se está a desenvolver, xa sabedes, é o das VIAXES:

-Andrea e Irai falan sobre a Comunidade Valenciá; tamén Lara e Uxía:
-Asier e Cristian, sobre Barcelona:
-Claudia e María, sobre o País Vasco:
-Elena e Ángela falan das suas viaxes a Andalucía, a Inglaterra...:
-Gabriel e Rubén, sobre as suas viaxes favoritas:
-Verónica e Jaime cóntannos cousas sobre o asturleonés:
-Maya e Claudia falan sobre o mirandés, lingua falada no norte de Portugal:
-Víctor e Roberto lémbrannos o catalán:
-Xiana e Fran fan un preguntas e respostas sobre o portugués:

Tamén podedes consultar os enlaces aos programas de RADIO NACIONAL DE ESPAÑA (menú da derrita tamén) sobre libros, sobre os amantes dos mundos máxicos e das experiencias literarias. Animádevos!!!

11 febreiro 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA (11 febreiro)


Este é o cartel que anuncia a lectura do vendes, pero a celebración é o día 11 de febrero...

Este día foi proclamado en 2015 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co fin de acadar o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, además de para conseguir a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e das nenas.

Para celebrar este día fixemos unha pequena mesiña expositora onde colocamos a TABLA PERIÓDICA DAS CIENTÍFICAS co nome das máis significativas mulleres importantes nestes ámbitos...

Esperamos que co seu exemplo se anime ás rapazas a que, chegado o momento de elixir o seu camiño académico, non se vexa a ciencia como unha utopía.





1. Achégovos aquí un enlace moi interesante de El País, onde se lembra o nome e a labor científica de moitas mulleres, das que se debe tomar exemplo:





2. Por outra parte, invítovos a ler o seguinte artigo, tamén do mesmo periódico. Que opinades vós?

https://elpais.com/elpais/2019/02/10/ciencia/1549790650_356604.html

3. Este vídeo tamén é moi interesante!


4. Por último, tamén vos quero ensinar os traballos que fixeron alumnos e alumnas da ESO na clase de Matemáticas, coa profesora María Luisa Vilanova:















Están todos colocados no corcho do corredor das aulas de Matemáticas, ide a miralo!!

07 febreiro 2019

APRENDE A INVESTIGAR (ALFIN)

Ilustración de Sergio Membrillas

De momento, como coordinadora da biblioteca, vou recoller aquí páxinas interesantes sobre ALFIN (Alfabetización informacional) de onde poidamos extraer o necesario para logo elaborar o noso propio documento para a Biblioteca:


-Aquí atopamos un botón que di "Aprende a investigar"; son os trucos do investigador.
-Logo temos varias guías: para estudantes, para profesores e a do investigador dixital.
-Follas de traballo: para 1er ciclo de ESO, para 2º ciclo de ESO, para Bacharelato e para todos os niveis.
-Tamén poden verse traballos feitos de diversas asignaturas e diversos niveis.

-Este material debería imprimirse para lelo con calma.


-A biblioteca como recurso informativo.
-Fontes de información e soportes documentais.
-O catálogo da biblioteca como ferramenta de búsqueda.
-Interntet como recurso informativo.
-A valoración da información.

-Interesantísimo, pois danos todo tipo de información para sacarlle o mellor partido á biblioteca. Case poderíamos comezar por ler isto, para logo completar coas guías mencionadas arriba. 


-Pódese revisar para facer un apartado especial sobre estratexias para buscar en internet, que completaría o do apartado 1. 


-Superchulo de formato e aporta estratexias para aprender a estudar. Ademáis pódese imprimir toda a información da páxina. 

(Seguiremos buscando...) 

06 febreiro 2019

O CONTO DO MES DE FEBREIRO. O. HENRY: "El guardia y la antífona"


MES DE FEBREIRO

O. HENRY
"EL GUARDIA Y LA ANTÍFONA"

Pulsa na imaxe
e le o conto que nos recomenda
o profesor Ramos!

04 febreiro 2019

HORA DE LER

Este ano iniciamos, con pasiños moi curtos e para non "asustar" ao noso profesorado, a nosa HORA DE LER. A labor do profesor Víctor, do Departamento de Lingua Castelá e Literatura está a ser de grande importancia, pois é o encargado de coordinar esta actividade desde o primeiro momento. 

Polo de agora, está tendo moi boa acollida!

Os rapaces e rapazas de 1º e 2º de ESO van á biblioteca a buscar os libros que lles apetecen ou traen o seu libro de casa para ler o día que lle toca na clase. E aproveintan moi ben o tempo!

Podedes ver aquí o plan de traballo:


Prometemos o ano que vén non tanto ampliar o horario ou os cursos, que tamén podemos facelo, como incluir máis actividades, para dinamizar o uso da biblioteca e favorecer a competencia lectora deste alumnado. 

O SISTEMA SOLAR

Alumnos da ESO, coordinados polo profesor Joaquín, de Física e Química, levan organizando diversas exposicións dixitais na biblioteca, desde a pasada semana, sobre o sistema solar e os seus planetas. 

Ademáis completan estas exposicións aos compañeros con outra exposición, esta vez dos propios planetas ao longo dos corredores da planta primera do centro.

É moi interesante!!! Fixádevos!!!

























03 febreiro 2019

O autor do mes. Febreiro. Ricardo Carballo Calero


O AUTOR DO MES

FEBREIRO


RICARDO CARBALLO CALERO

            Ricardo Carballo Calero (ou Carvalho Calero) naceu no Ferrol en 1910 e morreu en Compostela en 1990. Relacionado co Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista, participou na Guerra Civil polo bando republicano. Tras a Guerra, pasou dous anos no cárcere. Durante quince anos (de 1950 a 1965), foi director do Colexio Fingoi, en Lugo. Con posterioridade, exerceu como profesor no Instituto Rosalía de Castro, en Santiago, onde, a partir de 1972, foi o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade. Alí realizou un gran labor como mestre de varias promocións de filólogos.

 

            Cultivou todos os xéneros literarios; en especial, a poesía e o ensaio.


            A súa obra dramática é talvez a menos coñecida. El mesmo publicou con recelo obras como O fillo, Isabel, O redondel e Os xefes. No libro Catro pezas deu a coñecer os dramas que coidaba máis significativos: A farsa das zocas, concibida para a representación con títeres e inspirada no folklore galego; A sombra de Orfeo, de ambiente e personaxes burgueses, na que un músico provoca a rivalidade de varias pintoras que o ven de xeitos case opostos; Auto do prisioneiro, mostra de teatro simbólico, no cal o home é oprimido por unha figura paterna que pode identificarse con Deus ou o Ditador; e A árbore, que presenta como unha maldición bíblica a incapacidade dun home á hora de conseguir ser correspondido pola muller que ama.

 

            No seu labor poético, poden distinguirse tres etapas e un colofón. Vieiros e O silencio axeonllado son obras de mocidade, vangardistas, previas á Guerra Civil; Anxo de terra, Poemas pendurados dun cabelo e Salterio de Fingoi son poemarios de posguerra; Excalibur, Venusberg e Avalon atópanse entre a madurez e a vellez, que nel foi plenamente creativa; Reticências foi a súa despedida.


Ao longo de tantos anos, é evidente unha evolución persoal que garda similitudes co desenvolvemento poético dos seus compañeiros de xeración, como Iglesia Alvariño ou Cunqueiro. Certas características son invariables: o intelectualismo, o culturalismo, a reflexión persoal, a escasa musicalidade, a diversidade métrica... Tamén se reiteran as temáticas: a muller –con frecuencia inapreixable-, o amor –sen romanticismo-, a soidade, a vellez, a morte, a busca de Deus –cunha actitude escéptica-, a visión irónica e incluso sarcástica da sociedade... Mestura o elevado co vulgar e utiliza o humor cun pouso de tristeza e pesimismo.




A obra narrativa é máis coñecida, non en balde iniciou con A xente da Barreira a novelística galega de posguerra e obtivo con Scórpio o Premio Nacional de Literatura. A primeira continúa a tradición de Pardo Bazán, Valle e sobre todo, Otero Pedraio, ao presentar a decadencia da fidalguía e o ascenso de burgueses, indianos e xentes do pobo ao longo do século XIX en Galicia. Utiliza un ritmo rapidísimo, desdeñando o diálogo e a descrición, para presentar de xeito realista feitos e personaxes. Scórpio, polo contrario, algo máis morosa, aproveita sucesos vividos en primeira persoa relativos á Ditadura de Primo de Rivera, a Segunda República e a Guerra Civil, para presentar dende varias perspectivas a evolución vital de Scórpio, alcume ou pseudónimo de Rafael Martínez Piñeiro, unha especie de donxoán atípico, talvez unha proxección idealizada do autor.


Tardiamente publicou obras que gardara na gaveta, esbozos de novela e contos non carentes de interese: Os señores da Pena, que trata tamén sobre a decadencia dunha familia fidalga e o ascenso dun mozo de orixe humilde; O lar de Clara, memorias dun indiano que decide quedar no seu Ferrol natal, apegado ás raíces; e catro contos: “As pitas baixo a chuvia”, “Os tumbos” –que son lembranzas infantís de carácter humorístico-, “A cegoña” -que, parecendo algo semellante, remata como un impresionante conto de terror- e “Aos amores serodios” –narración orixinal en que se difuminan os límites dos xéneros-.


Deixamos para o final o ensaio, que marcou nos estudosos da lingua e, sobre todo, da literatura galega unha pegada indeleble. Carballo é un deses autores dos que sempre se aprende algo, porque une a profundidade e a orixinalidade á claridade expositiva.


Os profesores da miña xeración introducímonos nos dominios da lingua coa súa Gramática elemental do galego común e no mundo das letras posterior ó século XVIII coa Historia da literatura galega contemporánea. Don Ricardo foi aprofundando e ampliando o ámbito dos seus estudos en multitude de obras posteriores que facilitaron a comprensión de autores da talla de Rosalía, Pondal, Otero, Castelao, Díaz Castro...


Todo este labor impagable ben merece que lle dediquen o Día das Letras Galegas. Por desgraza, o temor da maioría dos nosos académicos a reabrir a polémica da normativa –Don Ricardo defendeu nos seus últimos anos a aproximación ao portugués- fai improbable que isto suceda.


30 xaneiro 2019

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ (30 de xaneiro)

POR QUE SE CELEBRA O 30 DE XANEIRO O “DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E A NON VIOLENCIA”?

Esta xornada celébrase desde 1964 e está recoñecida pola ONU desde 1993. Esa data conmemórase a morte de Mahatma Gandhi líder nacional e espiritual da India, asesinado a tiros en 1948 por un integrista hindú.


Nesta data lémbrase a necessidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. 

O lema deste día é: Amor universal, non-violencia e paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a non-violencia é mellor que a violencia, e a paz é mellor que a guerra.

O noso Parnasillo enchéuse de pombas brancas para celebrar este día... Organizouse desde o Departamento de inglés, grazas á profesora Carmina e o seu alumnado... 

Fixádevos nas mensaxes!!