25 novembro 2019

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER 3 (EXPOSICIÓNS E BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA)

Hoxe é o 
DÍA INTERNACIONAL 
DA ELIMINACIÓN DA
VIOLENCIA CONTRA A MULLER ...


...e a biblioteca do IES A Xunqueira I lembra este día...



1) ... cunha nova PORTA VIOLETA, coa que de sempre entramos nun espazo de convivencia e respecto:











2) ...cunha pequena INSTALACIÓN ARTÍSTICA no recunchiño das películas, e que nos lembra unha triste realidade que debemos ter moi presente para porlle solución e non permitir que nunca nos suceda a nós mesmas.




3) ...cunha nova EXPOSICIÓN DE LIBROS E PELÍCULAS, moitas delas novidades:











4)...cunha nova BIBLIOSUXESTIÓN lectora, para que teñades en conta, collades a recomendación e levedes para a casa os libros que máis vos gusten:




DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER 2 (PLAN DE ACTIVIDADES)


DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER 1 (INFORMACIÓN XERAL)



HOXE 25 DE NOVEMBRO É O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, e aínda temos que lembrado cun día no ano. Pregúntate por que...
  • A páxina do "Ministerio de la presidencia, relaciones con las cortes e igualdad (Delegación del Gobierno para la violencia de género)" contén información sobre violencia de xénero (entendida como malos tratos na parella) e sobre outras formas de violencia contra a muller, como a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual ou a mutilación xenital femenina.

Pulsa na imaxe e accede á páxina.


Nesta mesma páxina, en "Estadísticas, encuestas, estudios e investigaciones", podemos obter datos coma os seguintes:

1. O número de mulleres vítimas mortais da violencia de xénero desde o 2003:



2. O número de mulleres vítimas mortais da violencia de xénero e o número de agresores españois:

3. Cantas persoas denunciaron ao agresor e se convivían ou non: 

4. Podes obter moitos máis datos... Entra na páxina!



Campaña galega do 2013


  • Hai varias formas de violencia contra a muller, según a ORGANIZACIÓN MUNDIAL DA SAÚDE:





Pulsa na imaxe e accede á páxina da Organización Mundial da Saúde.


  • Entre os servicios da DELEGACIÓN DE GOBERNO DE PONTEVEDRA está o relativo á VIOLENCIA SOBRE A MULLER. 
Na súa páxina  (http://www.seat.mpr.gob.es/portal/delegaciones_gobierno/servicios.html#violencia) atopamos o seguinte:



  • Hai que concienciarse deste problema, darlle nome e buscar solucións realmente eficientes para eliminalo... Mirade estes vídeos e atendede á súa mensaxe:


"Se non entendes un non, es un potencial agresor sexual":


"Non a trates coma un obxecto e logo lle fales de amor. Non confundas pasión con posesión": 


"E se che digo que non, é que non".




"Na loita contra a violencia de xénero non estás soa":



  • O xornal de El País achéganos a cronoloxía de vítimas mortais da violencia de xénero en España:
https://elpais.com/sociedad/2019/02/06/actualidad/1549439631_636546.html


  • As noticias non deixaron de amosar unha terrible realidade:
https://elpais.com/tag/violencia_machista/a


  • Diversos vídeos musicais recollen as voces discordantes coa violencia contra a muller:
1. ROSALÍA: "De aquí no sales" (Cap. 4: Disputa)


2. BEBE: "Malo"


3. LOS SUAVES: "No le grites"



4. MALA RODRÍGUEZ: "Nanai"





22 novembro 2019

VENRES LECTOR: “El asesinato de la profesora de ciencias”, de Jordi Sierra i Fabra

Hoxe temos lectura no noso atril da biblioteca!

Xa sabedes que este mes é o mes da ciencia, polo que a profesora Marilí, de Física e Química, invitou a unha das súas alumnas a que lera un fragmento da obra de lectura opcional para este ano, El asesinato de la profesora de ciencias, de Jordi Sierra i Fabra, que, por suposto, temos na biblioteca. 

Fixádevos no argumento, porque ten moito que ver coa ciencia!!







15 novembro 2019

VENRES LECTOR: "El detective ausente" de David Blanco Laserna.

Hoxe Lara García Cachafeiro, de 2º de ESO, léunos, desde o atril da biblio, un fragmento da obra que están a estudar na clase de Física e Química (O detective ausente, de David Blanco Laserna). Como podedes observar no cartel, esta obra ensina, desde a ficción, un montón de aspectos interesantes da ciencia!! 

Invitámosvos a coller esta obra en préstamo cando queirades!!

A profesora Raquel, de Física e Química, promoveu esta actividade dentro do "MES DA CIENCIA" que estamos a celebrar. 


Ao final, leron máis alumnos do que se esperaba! Mellor!







14 novembro 2019

NOVAS DE ACTUALIDADE: PREMIO CERVANTES para o poeta JOAN MARGARIT

JOAN MARGARIT, PREMIO CERVANTES 2019!


O poeta Joan Margarit i Consarnau (Sanaüja, Lleida, 81 años) foi recoñecido este xoves co máis prestixioso galardón das letras en todo o ámbito do español, o premio Miguel de Cervantes, dotado con 125.000 euros. O ministro de Cultura e Deporte en funcións e a gañadora do 2018, Ida Vitale, foron os encargados de revelar o nome do premiado nesta edición, cuxos candidatos son propostos pola RAE.

Obras recomendadas desde El País.

-Aguafuertes.
-La estación de Francia.
-Joana.
-Cálculo de estructuras, guiño irónico ao oficio de Margarit, a arquitectura. 

Na seguinte páxina podedes escoitar poemas do propio Margarit. Gozade deles!

De momento, na biblio tentaremos mercar algunha obra das recomendadas!!!

REVISTAS E XORNAIS!

NOVAS REVISTAS NA BIBLIO!

Subscribímonos a tres revistas este ano. Esperemos que vos interesen: 

1. National Geographic
2. Descubrir el arte.
3. Historia.

Podedes consultalas na biblioteca!!