22 novembro 2019

VENRES LECTOR: “El asesinato de la profesora de ciencias”, de Jordi Sierra i Fabra

Hoxe temos lectura no noso atril da biblioteca!

Xa sabedes que este mes é o mes da ciencia, polo que a profesora Marilí, de Física e Química, invitou a unha das súas alumnas a que lera un fragmento da obra de lectura opcional para este ano, El asesinato de la profesora de ciencias, de Jordi Sierra i Fabra, que, por suposto, temos na biblioteca. 

Fixádevos no argumento, porque ten moito que ver coa ciencia!!