“Erros e Tánatos” componse dun conxunto de dez relatos nos que Gonzalo Navaza demostra unha gran soltura no manexo das técnicas narrativas a partir dunha prosa breve, limpa, directa, chea de sentido do humor, que sorprende ao lector coa súa capacidade para ironizar, para crear intriga e para sorprender. “Erros e Tánatos” é un libro magnífico que, con moita claridade narrativa, atrapa ao lector coas súas boas historias, historias e acontecementos que se suceden medrando e creando unha grande tensión narrativa que remata nun final sorprendente, un final que explora os territorios do Tánatos por culpa dos Erros do azar. Partindo dunha forma clásica de narrar, Gonzalo Navaza escribiu un libro que divirte, que seduce; é o libro dun narrador eficiente que, sen lugar a dúbidas, constrúe unha obra notable. A presente edición, ofrecida en novo formato e aparencia, revisada polo autor e décima dende a súa aparición en 1996, converte a este monllo de relatos de Gonzalo Navaza nun dos clásicos da narrativa galega contemporánea.
Se queres buscar unha obra nesta biblioteca, se prefires a lectura dixital, se aceptas unha "bibliosuxestión" lectora ou che apetece ver as fotos das actividades e concursos que se fan aquí... BUSCA NO MENÚ DA ESQUERDA. A Biblioxún pertence á rede de Bibliotecas Escolares de Galicia desde o curso 2018-19. TEMA EIXO deste curso 2024-25: "UN MUNDO DE ÁRBORES"
17 abril 2015
Falando con Gonzalo Navazas sobre o seu libro "Erros e tánatos"