Se queres buscar unha obra nesta biblioteca, se prefires a lectura dixital, se aceptas unha "bibliosuxestión" lectora ou che apetece ver as fotos das actividades e concursos que se fan aquí... BUSCA NO MENÚ DA ESQUERDA. A Biblioxún pertence á rede de Bibliotecas Escolares de Galicia desde o curso 2018-19. TEMA EIXO deste curso 2024-25: "UN MUNDO DE ÁRBORES"
25 setembro 2018
24 setembro 2018
AUTOR DO MES DE NOVEMBRO: STEFAN ZWEIG
O AUTOR DO
MES
No presente curso, imos iniciar unha sección
dedicada cada mes a un autor, normalmente considerado xa un clásico.
O AUTOR DO
MES DE OUTUBRO: STEFAN ZWEIG
Este escritor, nacido en
Viena no ano 1881 e morto en Petrópolis (Brasil) en 1942, resultaralles
coñecido ós alumnos e alumnas de Literatura Universal e do Club de Lectura,
pois as súas obras Carta dunha
descoñecida e A novela do xadrez
foron algunha vez de lectura obrigatoria ou optativa.
Trátase dun autor moi
coñecido no seu tempo, esquecido durante décadas e agora de novo admirado. En
España, varias das súas obras foron traducidas para a editorial Juventud e,
máis recentemente, para a editorial Acantilado. Nesta podedes atopar boa parte
das súas obras narrativas.
Aínda que cultivou todos os xéneros, a poesía, para el, formou parte da súa iniciación creadora e o seu teatro é pouco coñecido na actualidade; lémbrase case exclusivamente que o seu drama Xeremías é unha exaltación do pacifismo e unha crítica da guerra.
Aínda que cultivou todos os xéneros, a poesía, para el, formou parte da súa iniciación creadora e o seu teatro é pouco coñecido na actualidade; lémbrase case exclusivamente que o seu drama Xeremías é unha exaltación do pacifismo e unha crítica da guerra.
É máis lembrado polas súas
biografías, dedicadas a María Estuardo, María Antonieta, Magallâes, Erasmo de
Rotterdam, Fouché...; cítanse máis a miúdo a súa obra en parte histórica e en
parte literaria Momentos estelares da
Humanidade, as súas memorias, nas que ante todo desexa relembrar unha
época, O mundo de onte; e os seus
estudos literarios en col de Verlaine, Romain Rolland, Balzac, Dickens,
Dostoievski, Freud...
Aquí imos recomendar as súas obras narrativas; en especial, algunhas novelas breves e coleccións de contos, pois estamos de acordo cos críticos que opinan que Zweig é, ante todo, un mestre nese tipo de relato que se atopa entre o conto longo e a novela breve.
Aquí imos recomendar as súas obras narrativas; en especial, algunhas novelas breves e coleccións de contos, pois estamos de acordo cos críticos que opinan que Zweig é, ante todo, un mestre nese tipo de relato que se atopa entre o conto longo e a novela breve.
En primeiro lugar,
queremos destacar que nas súas colección de relatos se atopan algúns
maxistrais. Véxanse, se non, os libros Amok,
Noite fantástica ou Soños esquecidos e outros relatos. Por
outra parte, as súas novelas breves revelan unha sensibilidade e unha
capacidade para captar a atención do lector admirables. A lista podería ser
máis longa, pero cabe lembrar unhas poucas que non decepcionarán: Carta dunha descoñecida, Vinte e catro horas na vida dunha muller, A novela do xadrez, Viaxe ao
pasado –que é máis ben un relato longo-, Ardente segredo e A
impaciencia do corazón.
Que cabe agardar da
lectura destas obras?
É difícil reducilo a
poucas palabras. Talvez deberiamos dicir que se trata, ante todo, de obras
literarias que procuran amosar os sentimentos duns personaxes en circunstancias
persoais e sociais diversas. Como bo narrador, sabe trascender a súa experiencia
persoal, aínda que esta se manifesta reiteradamente. Por exemplo, a súa
experiencia como membro dunha familia xudía vienesa que gozaba dunha
excepcional posición económica. O drama dos xudeus ó longo da historia e a
inicios do século XX pode verse na súa noveliña histórica O candelabro enterrado, na novela sentimental A impaciencia do corazón e nos seus relatos “Na neve”, “Confusión
dos sentimentos” e “Mendel, o dos libros” –onde podemos ver un antecedente de
“Funes, el memorioso”, de Borges-. Tamén o seu rexeitamento da guerra –xa
notorio tras a experiencia da Primeira Guerra Mundial- e do nazismo –que causou
o seu exilio de Austria e probablemente o seu suicidio, acompañado da súa
segunda muller- pode verse en relatos de A
muller e a paisaxe, en “Mendel, o dos libros”, Viaxe ao pasado e, sobre todo,
A novela do xadrez.
Con todo, como dixemos,
cínguese máis ós aspectos individuais que ós sociais. Con frecuencia, escolle
como protagonista a unha muller que, respectuosa das convencións sociais, nun
momento de crise busca algo distinto, que dea emoción a unha vida monótona. Ás
veces, actúa sen decatarse dos seus auténticos desexos, con toda a boa
intención de axudar a quen observa en perigo. Outras, trátase dunha adolescente
que se deixa arrastrar polo seu sentimento, de xeito idealista e un tanto
irreflexivo. Carta dunha descoñecida,
“O pago da débeda atrasada” –pertencente ó libro Noite fantástica- ou “Historia na penumbra” –incluído en Soños perdidos- son exemplos do último
caso, e obras como Vinte e catro horas
na vida dunha muller, Ardente
segredo ou “Angustia”, do primeiro. Case sempre Zweig amosa a súa
identificación co personaxe e manifesta a súa simpatía pola muller “caída”
segundo as convencións decimonónicas.
Como sabemos, trátase dun dos temas literarios preferidos de todos os tempos, pero pódense observar certas similitudes, en especial, con autores realistas como Henry James. En ambos podemos atopar características temáticas e formais coincidentes: o interese pola psicoloxía dos personaxes e a captación de ambientes, o relato de historias sentimentais, a tendencia á amplificación, o gusto polo pespectivismo –ambos presentan de modo impresionante a historia de amor duns adultos a través dos ollos duns nenos-. Non obstante, son evidentes, así mesmo, as diferenzas: Zweig é máis sentimental e sensual, menos ambiguo, máis conciso –procuraba fuxir do rebuscado e barroco, aínda que non sempre o conseguiu-; abrangue clases sociais máis diversas e lugares máis dilatados –A India, o Extremo Oriente, Hispanoamérica...-, non se interesa tanto polo fantástico ou paranormal –cando este aparece, como é o caso de Carta dunha descoñecida ou “A estrela sobre o bosque”, resulta case imperceptible, unha mera nota poética-.
Como sabemos, trátase dun dos temas literarios preferidos de todos os tempos, pero pódense observar certas similitudes, en especial, con autores realistas como Henry James. En ambos podemos atopar características temáticas e formais coincidentes: o interese pola psicoloxía dos personaxes e a captación de ambientes, o relato de historias sentimentais, a tendencia á amplificación, o gusto polo pespectivismo –ambos presentan de modo impresionante a historia de amor duns adultos a través dos ollos duns nenos-. Non obstante, son evidentes, así mesmo, as diferenzas: Zweig é máis sentimental e sensual, menos ambiguo, máis conciso –procuraba fuxir do rebuscado e barroco, aínda que non sempre o conseguiu-; abrangue clases sociais máis diversas e lugares máis dilatados –A India, o Extremo Oriente, Hispanoamérica...-, non se interesa tanto polo fantástico ou paranormal –cando este aparece, como é o caso de Carta dunha descoñecida ou “A estrela sobre o bosque”, resulta case imperceptible, unha mera nota poética-.
Un dos temas recorrentes na obra de Zweig, que revela talvez unha tendencia innata, é o suicidio. Aínda que ás veces é unha simple tentativa, chega a realizarse en múltiples obras, ben como produto dun vicio ou unha obsesión que arruína a existencia humana, ben como consecuencia dun amor non correspondido, ben como única maneira de fuxir dun perigo inminente. Case todos os contos de Amok –nome que indica unha perturbación psicolóxica que arrastra á violencia e á morte- presentan algún caso de suicidio, tema que podemos ver en A impaciencia do corazón, Vinte e catro horas na vida dunha muller, “A estrela sobre o bosque”, “A institutriz”... Dá a impresión de que Zweig era un ser hipersensible, culto, gozador sensual da vida e a sociedade, que, no fondo, tiña un sentido tráxico da existencia.
En canto á técnica e o
estilo, o autor austríaco non foi un innovador á maneira de Joyce, Steinbeck ou
Woolf. Como dixemos, ten máis parentesco cos autores que se moveron a cabalo
dos séculos XIX e XX, como Henry James; o cal quere dicir que buscou innnovacións,
como o perspectivismo xa aludido ou a redución temporal –unha historia que ten
como tempo principal un día ou incluso menos-, dentro dunha estrutura novelesca
tradicional. En xeral, prefire o relato en primeira persoa, que ofrece ó lector
unha maior sensación de intimidade, de confesión persoal –de feito, con
frecuencia atopamos un narrador que lembra o que lle revela un personaxe
misterioso-.
Ben. Talvez esta
introdución foi un pouco extensa de máis. Quedade con algún dos títulos e
intentade lelos. A ver que vos parece. Feliz lectura!
Os correspondentes carteis da biblioteca son os seguintes:17 setembro 2018
INICIO DO CURSO ESCOLAR
Ilustración de Alex Nabaum |
Ola a todos!!
Un ano máis voltamos ás nosas aulas para pór en marcha a máquina do instituto. Xa sabedes: localizar as aulas, coñecer ou voltar a ver aos profesores e profesoras, actualizar problemas de matrículas, copiar criterios de avaliación de todo o curso, pensar nas lecturas do trimestre... Moitísimos aspectos para termos en conta xa desde o principio, e case co traxe de baño aínda sen gardar. En fin, son así as cousas.Todas vellas!
De tódolos xeitos, sempre hai algunha novidade que nos sorprende, aínda que ao mellor non notades nada aínda: XA FORMAMOS PARTE DA REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA!!! Costounos bastante entrar, polo que para o noso centro é unha novidade excepcional e digna de recoller no noso blog da biblioteca.
Este feito supón, por unha banda, unha inxección económica bastante grande, o cal permitirá facer cambios no mobiliario, no equipamento e nos fondos... Pero, por outra banda, implicará un grande compromiso por parte de todos (profesorado e alumnado) para levar a cabo máis actividades, promover máis concursos, formar parte de máis proxectos...
Como vedes, é un notición, pero tamén é un traballón o que nos agarda!
Non importa, mente positiva: entre todos faremos o que esté nas nosas mans para que este ano nos vaia perfecto e o ano que vén sigamos estando neste selecto e prestixioso club, a que si? Si, por favoooooor!!!!
Estaremos en contacto!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)