17 setembro 2018

INICIO DO CURSO ESCOLAR

Ilustración de Alex Nabaum
Ola a todos!!

Un ano máis voltamos ás nosas aulas para pór en marcha a máquina do instituto. Xa sabedes: localizar as aulas, coñecer ou voltar a ver aos profesores e profesoras, actualizar problemas de matrículas, copiar criterios de avaliación de todo o curso, pensar nas lecturas do trimestre... Moitísimos aspectos para termos en conta xa desde o principio, e case co traxe de baño aínda sen gardar. En fin, son así as cousas.Todas vellas!

De tódolos xeitos, sempre hai algunha novidade que nos sorprende, aínda que ao mellor non notades nada aínda: XA FORMAMOS PARTE DA REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA!!! Costounos bastante entrar, polo que para o noso centro é unha novidade excepcional e digna de recoller no noso blog da biblioteca. 
 
Este feito supón, por unha banda, unha inxección económica bastante grande, o cal permitirá facer cambios no mobiliario, no equipamento e nos fondos... Pero, por outra banda, implicará un grande compromiso por parte de todos (profesorado e alumnado) para levar a cabo máis actividades, promover máis concursos, formar parte de máis proxectos...
 
Como vedes,  é un notición, pero tamén é un traballón o que nos agarda! 
 
Non importa, mente positiva: entre todos faremos o que esté nas nosas mans para que este ano nos vaia perfecto e o ano que vén sigamos estando neste selecto e prestixioso club, a que si? Si, por favoooooor!!!! 
 
Benvidos ao curso 2018/19 e benvidos á BIBLIOTECA DO IES A XUNQUEIRA I !!
Estaremos en contacto!!