16 xaneiro 2019

CDU ILUSTRADA

O pasado mes de setembro de 2018, todas as bibliotecas galegas recibiron o novo cartel CDU ILUSTRADA, creado para a ocasión polo ilustrador Óscar Villán.

Este documento ten como finalidade principal servir de apoio ao profesorado no seu labor de formación de usuarios, así como continuar coa adaptación da Clasificación Decimal Universal (CDU) para as bibliotecas escolares galegas iniciada en 2004.

Continuando con esta liña de traballo, dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares puso a disposición dos centros as miniaturas correspondentes ao citado cartel, para que cada equipo as poida empregar do xeito que considere máis oportuno. 

Así o fixemos na nosa biblioteca, mirada que ordeadiño nos queda todo!









Bueno, de paso ensínovos o resto da biblioteca, porque se van facendo pequenos cambios, aínda que non se fixo o cambio principal de mobiliario. Pásovos as fotos de agora e máis adiante comparamos coas novas, que vos parece?

O espazo informal de lectura

O estante de revistas recentes ou unha selección de libros de interese

O recuncho das películas

A zona de xestión

A zona dos ordenadores e a mesa de exposición de novidades,
que agora, logo das vacacións de Nadal, está vacía...
Non tardará en encherse de libros!

A zona de narrativa de ficción, poesía, teatro ou ensaio.

A zona do resto das materias, que amosábamos máis arriba,
e os estantes de cómics, que vai aumentando!

A mesa de xestión de préstamos con algún adorno bonito para facer o espazo máis agradable.

O atril no que expoñemos como se fai para buscar e pedir en préstamo unha obra na biblio!
Nada máis! Disfrutade dela!!!