23 setembro 2019

PRIMEIROS PASOS NO DESENVOLVEMENTO DO PLAN DA BIBLIOTECA

  • VENRES 13 DE SETEMBRO. Foi a data do PRIMEIRO CLAUSTRO do profesorado do noso centro. Como responsable de biblioteca, expuxen a seguinte información ante os meus compañeiros e compañeiras: Onde atopar a información xeral sobre a biblioteca na páxina do instituto e a existencia dunha guía de biblioteca. Ambas fontes de información son especialmente útiles para os titores, que por primeira vez este ano serán os encargados de levar a cabo a formación do alumnado no uso da biblioteca. Tamén lembrei cales eran os espazos físicos e dixitais da biblioteca (Biblioteca Central, Parnasillo; o blog de "biblioxun" e os seus apartados; e as primeiras entradas en Instagram). Falei da importancia da colaboración do profesorado, sobre todo no que respecta ao tema eixo da biblioteca, "A Natureza", a axuda na recopilación de sitios web interesantes para cada asignatura ou a creación de actividades na biblioteca adaptadas aos respectivos currículos.
  • ELABORACIÓN E EXPOSICIÓN DOS HORARIOS de profesores e profesoras con horas de DINAMIZACIÓN DE BIBLIOTECA.
  • 24 DE SETEMBRO: Publícase a resolución do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2019/20. Correspóndennos 6.060 euros para este ano. Estamos moi contentos!
https://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1237



  • MÉRCORES 25 DE SETEMBRO: Foi a data da PRIMEIRA REUNIÓN DO PROFESORADO COLABORADOR DA BIBLIOTECA. Tratáronse temas como o uso do móvil na biblioteca, a selección de alumnado voluntario, a organización de actividades, etc. 
  • ACTUALIZACIÓN DO BANCO DE LECTORES
  • Cartelería pendente...
O cartel que sinala que aquí podes deixar o teu libro se non o sabes colocar no seu sitio.

O cartel que advirte de que non se poden deixar libros soltos enrica da mesa, cando os queres devolver.


  • Mobiliario pendente: