Rafael Quintía publica na páxina de GALICIA ENCANTADA (https://galiciaencantada.com) este artigo sobre os TRUBINCOS, os trasnos do Nadal. Moi interesante, se non o coñeciades...
https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=19&id=2557
Se queres buscar unha obra nesta biblioteca, se prefires a lectura dixital, se aceptas unha "bibliosuxestión" lectora ou che apetece ver as fotos das actividades e concursos que se fan aquí... BUSCA NO MENÚ DA ESQUERDA. A Biblioxún pertence á rede de Bibliotecas Escolares de Galicia desde o curso 2018-19. TEMA EIXO deste curso 2024-25: "UN MUNDO DE ÁRBORES"
Rafael Quintía publica na páxina de GALICIA ENCANTADA (https://galiciaencantada.com) este artigo sobre os TRUBINCOS, os trasnos do Nadal. Moi interesante, se non o coñeciades...
https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=19&id=2557
Nas clases de MATEMÁTICAS tamén se producen FENÓMENOS MÁXICOS!!!
Fixádevos nas historias que nos conta o alumnado da profesora Luisa Vilanova...
Xa sabemos que este ano o TEMA EIXO é O MUNDO MÁXICO, MÍTICO, IRREAL, UTOPÍAS E DISTOPÍAS, polo tanto tiñamos que traer á biblioteca a unha das nosas PERSONAXES MÍTICAS do CICLO DO NADAL, O APALPADOR, ese carboeiro que todos os anos, na Noiteboa ou na Noitevella, vén desde os Ancares e o Courel a apalpar a barriguiña dos máis pequenos, para saber se están ou non ben alimentados.
Témolo desde hoxe na BIBLIOXUN, con castañas e MOITAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS, moitas BIBLIOSUXESTIÓNS, que xa sabedes que este ano teñen formato dixital.
A labor creativa vén dos rapaces e rapazas de 1º de ESO, guiados pola profesora Blanca Barrio, de Debuxo.
Gozade do Apalpador, levade as obras que máis vos gusten, que máis vos chamen a atención... HAI MOTIÍSIMAS NOVIDADES!!!!
O alumnado de 1º de ESO xa pasou estes días pola biblio para coller algún libro!!! Mirade as fotos!! Que ben!!!
Alumnado de 2º de Bacharelato D/E levou a cabo esta actividade proposta pola profesora Carmina, de Inglés, "Time for creativity!", arredor da maxia na obra de Shakespeare, Macbeth.
No Parnasillo tedes as súas creacións: as palabras e diálogos das bruxas de Macbeth enchen de maxia este espazo da biblioteca...